Institucións
Envellecemento Máis Activo |
O proxecto Envellecemento+Activo foi deseñado para promover a planificación e utilización conxunta de equipamentos, programas e servizos sociais innovadores, a nivel transfronteirizo, para a detección precoz de futuras necesidades de dependencia e a promoción do envellecemento activo e saudable. |
Escola Galega de Admistración Pública |
Centro oficial de docencia e investigación en aquelas materias que de interese para o persoal da Xunta de Galicia e doutras administracións galegas. |
Estación Fitopatológica Do Areeiro |
Web da Estación dependente do Servizo Agrario da Deputación de Pontevedra para solucionar problemas fitosanitarios. |
FEGAMP |
Páxina web oficial da Federación Galega de Municipios e Provincias. |
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade |
O Fondo é unha organización que engloba ós gobernos locais de 95 cidades e vilas e 3 Deputacións Provinciais, representando a máis dun 80% da poboación galega. |
Fundación Barrié |
A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial privada, xurdida da xenerosidade dunha persoa, o empresario e mecenas Pedro Barrié, e da dos seus continuadores. |
Fundación Calidade |
A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolmento Tecnolóxico de Galicia dedícase á promoción de políticas sobre calidade e tecnoloxía. |
Fundación Camilo José Cela |
A Fundación Camilo José Cela acolle todo o seu legado: a súa colección de manuscristos e unha biblioteca de máis de 40.000 volumes. |
Fundación Carlos Casares |
Animada polo espírito que inspirou a vida e mais a obra de Carlos Casares, a súa pretensión é constituír unha instancia para a reflexión sobre a sociedade e a cultura, ao servizo de Galicia, da convivencia e do diálogo. |
Fundación Castelao |
Fundación de carácter persoal fundada en 1984 coa finalidade de estimular e favorecer a cultura galega. |
Fundación CEL - Iniciativas por Lugo |
Web da Fundación CEL, entidade sen ánimo de lucro creada en 1997 no seo da Confederación de Empresarios de Lugo para apoiar aos emprendedores da provincia. Entre os seus servizos máis destacados están o viveiro de empresas, a axencia de emprego e a Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial. |
Fundación Cum Laude |
En 2009, fruto dun interese pola educación, a cultura e a solidaridade, constitúese a Fundación Cum Laude, para dar forma institucional ás iniciativas que nestes campos estaba realizando a familia Quintáns Rodríguez. |
Fundación Deporte Galego |
Impulso e fomento do deporte e a práctica deportiva entre os galegos. |
Fundación Galicia Europa |
A FGE é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1988 para promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. |
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 |
Información sobre a organización e funcionamento das Urxencias Sanitarias en Galicia. |
Fundación Torre Pujales, Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte |
Espazo web da Fundación Torre Pujales, promotora do Museo de Arte Contemporáneo de Corme. En galego, inglés e castelán. |
Galicia Aberta |
Espazo de referencia en Internet para os cidadáns galegos que residen no exterior, promovido pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. |
Galicia Film Commission |
Oficina integrada no Consorcio Audiovisual de Galicia co obxectivo de promocionar Galicia como espazo para proxectos audiovisuais |
Galicia-Norte de Portugal |
A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal presenta neste site a construción dunha Eurorrexión transfronteiriza e interrexional. |
Gz Crea |
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da D.X. de Xuventude convídavos a participar neste certame de creadores novos. |
Historia a Debate |
Web do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, que comunica e reúne a historiadores de todo o mundo. |
IGADI |
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, que xestiona o Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea. |
IGAPE |
Instituto Galego de Promoción Económica, para a promoción e fomento da inversión produtiva en Galicia. |
Iglesia en Padrón |
Web do Arciprestazgo de Iria-Flavia en Padrón, que inclúe as seguintes parroquias: Padrón, Iria, Esclavitud, Herbón e Oín (Rois). |
Igrexa |
Actualidade eclesial galega, iniciativa dos Secretarios Diocesanos de Medios de Comunicación dos Bispados de Galicia. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »