Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

PONTEVEDRA ALBERGARÁ A EXPOSICIÓN DO FESTIVAL DE ARTE DIXITAL OFFF DE BARCELONA

O acto de inauguración da mostra contará coa presencia dun dos coordinadores do certame, Sergi Bueno Navarro, quen impartirá unha conferencia e falará sobre a vindeira edición, que terá lugar no mes de maio.

O acto, que terá lugar na Facultade de Belas Artes de Pontevedra o día 26 ás 18.00 horas, será presentado por Alberto Valverde, director de Kaotic Medios Dixitais e profesor desta facultade. A exposición consiste na visualización interactiva en ordenadores dos últimos traballos presentados ó festival, incluíndo obras dos autores máis representativos a nivel europeo.

OFFF é un festival de creación web, audio experimental e novas tecnoloxías audiovisuais. Por teceiro ano consecutivo, Barcelona acollerá as propostas artísticas máis arriscadas, coa rede como pano de fondo. Todas as propostas artísticas, incluída a tradicional convocatoria mundial de películas realizadas en formato Flash ou Director, responderán nesta edición á mesma pregunta: ¿Quen é o teu superhéroe? De forma libre, cada creador dará a súa visión particular do tema. Pontevedra terá a ocasión de coñecer o que vai ser esta edición e lembrar o mellor das anteriores.

No marco deste Congreso tamén se poderán ver as propostas doutros festivais de arte, así como videoxogos e creación publicitaria. O encontro ten tamén prevista a presencia de figuras como Evru, Hipólito Vivar, Salvador Cuenca e representates de El Sindicato e DoubleYou para falar arredor destas cuestións. A inauguración correrá a cargo de Armand Mattelart e o peche estará asinado por Ignacio Ramonet.

Novas Tecnoloxías e Sociedade está organizado polo Observatorio de Xornalismo e Novas Tecnoloxías (OXNT), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Concello de Pontevedra. Conta coa colaboración das Facultades de Belas Artes; Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra; e Ciencias da Comunicación de Santiago; así como do Pazo da Cultura da cidade do Lérez, onde se celebrarán a maior parte das ponencias. Está patrocinado por Caixanova e o Concello de Pontevedra.
A matrícula, de carácter gratuíto, pode facerse xa no teléfono 981 93 56 70 ou no correo electrónico xornalistas@xornalistas.com


Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, xornalistas@xornalistas.com

Bookmark/Search this post

Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información