Nace a Biblioteca Virtual Galega en www.galiciadigital.com
En Galicia Digital tiñamos, desde hai ben tempo, a intención de crear a
Biblioteca Virtual Galega, para ofrecer aos nosos usuarios un elemento de consulta sobre diversos temas xerais ou referidos ao noso país, de difícil acceso por outro medio, xa porque estivesen agotadas as tiradas en libro ou
porque os orixinais non chegasen a ser editados físicamente.
Iniciamos agora este servizo de xeito modesto, tan só con 14 publicacións cedidas polos seus autores –algún propio de Galicia Digital- como aportación inicial a un fondo que pretendemos non teña límites numéricos ou temporais. En calquera caso, dispoñemos de decenas de obras que serán publicadas paulatinamente nas próximas semanas.
Por iso invitamos a tódolos autores ou editores, con dereitos sobre calquera publicación, que nos faciliten os seus orixinais en versión dixital, preferentemente en PDF, xunto cunha autorización expresa para incluilos na Biblioteca Virtual Galega de Galicia Digital. No caso de non dispoñer de versión dixital, agradecemos o envío dun orixinal tal como foi editado, para a sua reproducción.
Igualmente invitamos aos autores e autoras de obras inéditas que queiran ser incluídos nesta Biblioteca Dixital, a que nos envíen os seus orixinais coa indicada autorización para difundilo dentro da nosa plataforma en Internet www.galiciadigital.com.
A esta BIBLIOTECA DIXITAL GALEGA pode accederse a través da páxina
principal de www.galiciadigital.com, onde van aparecendo de xeito aleatorio
todos os títulos incluidos ou que se vaian incorporando a esta publicación
electrónica dentro desta plataforma en Internet.

Xulio Xiz