Un superordenador para o CERN con firma galega
A proposta, baseada en tarxetas gráficas (GPU), como as que se usan na industria dos videoxogos, e liderada por Daniel Cámpora do NIKHEF en Ámsterdam, e codirixida por Roel Aiij, tamén do NIKHEF, e Dorothea Von Bruch da Universidade da Sorbona en París, contou cunha contribución importante dun equipo do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, composto por Alexandre Brea, Adrián Casais, Xoan Mayo, Diego Martínez Santos e Christopher Parkinson, actualmente investigador Marie Curie en Lovaina (Bélxica). Para demostrar a viabilidade da proposta, construíuse un prototipo, aportado principalmente entre o equipo da USC e o da Sorbona.
O éxito das probas feitas no prototipo levou á colaboración LHCb a aprobar finalmente esta alternativa baseada en GPUs, debido á súa maior potencia de cálculo e o moito menor custo. Unha vez construído, este superordenador, bautizado como Allen, na honra de Frances Allen, informática pioneira no campo de optimizar compiladores, alcanzará unha potencia de 6 PFLOPS, convertíndose no mais potente do CERN, e probablemente entrando no top 50 mundial.

Universidade de Santiago de Compostela