A XGN R Encounter pechou con éxito a súa primeira edición online, cunha gran actividade dos centos de participantes conectados por Internet
A organización do evento, situada na Feira Internacional de Galicia ABANCA cunha velocidade de conexión de 10 Gbps grazas á tecnoloxía de R, puido coordinar sen o menor incidente todas as áreas desta edición online da party. Finalmente tomaron parte no encontro máis de 700 persoas, unha cifra que foi valorada moi positivamente pola organización do evento, tanto pola dificultade de manter o interese da cita ao perder o seu compoñente presencial e de relación persoal, como polo alto grao de actividade demostrado polos participantes.
No capítulo de balance, as inscricións nas competicións de creatividade dixital, programación, hardware e videoxogos foron similares, en termos xerais, ás dunha party presencial. E en canto ás charlas, espertaron especial interese as relacionadas coa intelixencia artificial, o posicionamento SEO, o deseño 3D ou a programación.
De igual forma, o maratoniano programa de Twitch emitido durante os dous días desta cita tecnolóxica, que pechou a súa edición na medianoite do domingo ao luns, cultivou unha audiencia acumulada de varios miles de espectadores, a falta de cifras definitivas.
O evento contou coa colaboración e patrocinio oficial de R por cuarto ano consecutivo, que tamén proporciona a conectividade, e novamente co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party.

R