A UDC intégrase na Red de Unidades de Cultura Científica y de la Innovación da Fundación para la Ciencia y la Tecnología
Esta profesora considera que a incorporación da UDC a esta rede “é un recoñecemento ao traballo de toda a comunidade académica e debemos seguir apostando polas actividades de divulgación e comunicación científica”.
Sobre FECYT
A Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) é unha fundación pública dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación que ten como obxectivo reforzar o vínculo entre ciencia e sociedade mediante accións que promovan a ciencia aberta e inclusiva, a cultura e a educación científicas, dando resposta ás necesidades e retos do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Máis info: https://www.fecyt.es/es/ciencia-para-todos
Sobre Red UCC+i
As Unidades de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) actúan de intermediarias entre as institucións que as acollen e os cidadáns co obxectivo principal de promocionar a cultura científica, tecnolóxica e da innovación, a través de actividades de diversa tipoloxía: comunicación científica, divulgación, formación, etc.
Foto: Imaxe de arquivo da iniciativa “Conversa coa UDC” que a Unidade de Divulgación Científica e Cultural puxo en marcha no ano 2019. Nesta actividade, realizada nunha cafetería da Coruña, investigadores da UDC explicaban ao público xeral os seus proxectos científicos. Neste caso, Fernando Varela, doutorando da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, comentou a súa experiencia no proxecto Horvital.

Universidade da Coruña