Deputación da Coruña e UDC asinan o convenio para a cesión dos terreos na Cidade das TIC onde se vai construír o novo Plató Virtual
Dito convenio ten por obxecto a cesión de uso á Deputación da parcela Z-2.2 definida no Estudo de detalle para ordeamento dos volumes da Cidade das TIC aprobado polo Concello da Coruña na sesión plenaria celebrada o 2 de marzo de 2023, cunha superficie de 5.184 metros cadrados para o desenvolvemento do proxecto ‘Ecosistema digital del sector audiovisual de Galicia’, que inclúe a instalación dun estudo audiovisual virtual de características únicas en España cunha extensión de 750 metros cadrados.
O estudos contarán cun plató cunha macropantalla LED que permitirá realizar esa función, e o resto vai estar asignado a funcións auxiliares deste plató principal, un espazo de case 200 metros cadrados para o acceso e as circulacións, camerinos, vestiarios, unha sala de maquillaxe e perruquería, unha sala de figuración, tres salas polivalentes, dúas de controis técnicos, despachos, salas de produción, unha zona de descanso e conciliación, unha sala de instalacións, e un almacén.
“Hoxe damos un paso máis neste reto que é dotar a Galicia do maior estudo virtual audiovisual de España, que se ubicará nun espazo de referencia como é o da Cidade das TIC”, afirmou Formoso, que destacou que o proxecto pretende converter ao país “nun hub de producción audiovisual” e aproveitar as sinerxias co sector tecnolóxico que se producirán neste emprazamento.
Adxudicación do proxecto esta semana
Ás preguntas dos xornalistas sobre os seguintes pasos, o presidente afirmou que a Deputación da Coruña adxudicará esta mesma semana o proxecto de redacción e dirección das obras. “Estamos traballando en tempo récord. O vindeiro paso xa sería a licitación por un lado das obras de construción do edificio e por outro da adquisición do equipamento dixitais necesarios para o centro”, explicou.
O reitor da UDC, Julio Abalde, afirmou que “é simbólico que a primeira instalación referente ao sector audiovisual que se realiza na Cidade das TIC sexa precisamente un plató virtua. É un exemplo claro da conexión entre o sector audiovisual e o sector tecnolóxico”, afirmou.
“Para a Cidade das Tic e para a UDC é moi importante contar cunha instalación coma esta”, sostivo o reitor, que destacou a colaboración de Deputación, Concello, Universidade e Goberno de España para articular este ambicioso proxecto.
Este estudo virtual permitirá crear contidos inmersivos para producións de ficción, realidade virtual e aumentada, que son de aplicación no campo cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos.
O proxecto conta cun orzamento total de preto de 8 millóns de euros, dos que 5.041.000 euros serán financiados polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e o resto con fondos propios da Deputación da Coruña.

Universidade da Coruña