UNHA SESIÓN EN DIRECTO DE MÚSICA ELECTRÓNICA E VÍDEO XENERADO EN TEMPO REAL, INCLUIDA NO PROGRAMA DO CONGRESO NOVAS TECNOLOXÍAS E SOCIEDADE QUE SE CELEBRA EN PONTEVEDRA DO 25 Ó 29 DE MARZO
A sesión de música electrónica poderá seguirse o día 28, entre as 21´00 e as 22'00 horas, na Facultade de Belas Artes. DSK (Juan Lesta e Belén Montero), visuais e autoy, música, xeneran vídeo en tempo real para a realización de videoclips ou para actuacións en directo. Estes vídeos en tempo real están xenerados mediante loops y realimentacións a través de equipos domésticos sen a utilización de sistema dixital nin informático. A inmediatez destas imaxes así como a súa existencia, absolutamente efímera, fan deste sistema algo cambiante cunha alta porcentaxe de creación instantánea. O comportamento das máquinas sometidas a sobrecarga, xunto coas condicións de iluminación, fan que nunca se poidan repetir dúas secuencias exactamente iguais.
Por outra parte, o Congreso distribuirá as actividades en cinco paneis referidos a: redefinición da sociedade da información, o cidadán como comunicador, as identidades culturais fronte ó proceso de mundialización, os xornalistas dos novos soportes e tecnoloxía dixital e creación.
Nomes como o xa citado Mattelart, Steven Ross, Evru-Zush, Margarita Ledo, Iranzu García Iriarte, Victor Fernández Freixanes ou Mark Sallent estarán entre os conferenciantes e relatores. A conferencia de clausura será pronunciada, na mañá do sábado, por Ignacio Ramonet, director de Le Monde Diplomatique.
O Congreso Novas Tecnoloxías e Sociedade (I Congreso Internacional sobre Comunicación, Arte e Educación na Era Dixital) foi organizado polo Observatorio de Xornalismo e Novas Tecnoloxías (OXNT) e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) en colaboración e co patrocinio do Concello de Pontevedra en colaboración con Caixanova. Conta tamén coa colaboración das Universidades de Vigo (Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e de Belas Artes) e de Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Comunhicación).

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia