Begoña Gros defende os videoxogos como ferramenta útil na educación. A profesora da Universitat de Barcelona participou no Congreso Novas Tecnoloxías e Sociedade, en Pontevedra
A sesión de hoxe permitiu debullar os contidos de tres apartados importantes do programa. No referido ó „cidadán como comunicador‰, ademais de Begoña Gros tamén falou Lois Rodríguez, editor de Vieiros.com, que mantivo un chat en directo co director de Vilaweb, Vicent Partal. O público asistente puido debater con Partal sobre o papel dos xornalistas e profesionais da comunicación ante internet e as novas tecnoloxías.
A sesión da tarde comezou coa intervención do director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, quen tratou a situación de Galicia na Sociedade da Información en canto á posición que ocupa fronte a outras sociedades máis desenvolvidas tecnoloxicamente. Freixanes lembrou que somos os terceiros pola cola en número de conexións a internet do Estado, e que non somos quen de poñernos á altura doutras culturas, como os países nórdicos, por exemplo. O panel „As identidades culturais fronte ó proceso de mundialización‰ foi reforzado a continuación coa conferencia de Margarita Ledo Andión, catedrática da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, que falou sobre identidade e utopía na sociedade do coñecemento.
Steven Ross, profesor da Universidade de Columbia-Nova Iorque, explicou na súa conferencia a súa visión do futuro. Hai dez anos, Ross escribira un relato no que predicía o xeito en que traballarían os xornalistas o futuro no 2005. Actualmente, a tecnoloxía que el imaxinaba está xa dispoñible, poro os xornalistas non chegaron a optimizar o seu uso. Completou esta visión coa de diversos xornalistas de EEUU e España ós que ten entrevistado.
Sobre o terceiro apartado do programa, „Os xornalistas dos novos soportes‰, debateron tamén Elvira García de Torres, da Universidade „Cardenal Herrera‰, de Valencia; Iranzu García Iriarte, da Universidade Pública de Navarra; Francisco Olivares, director do master de xornalismo dixital do Instituto Universitario de Postgrao da Universidade de Alicante e Xosé López García, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
O venres 28, o congreso estará dedicado á Tecnoloxía Dixital e á Creación. Os paneis comezan ás 9.30 h. coa intervención do profesor Hipólito Vivar, que falará sobre as súas experiencias en festivais de Arte Dixital como Art Futura, Mediarama, Imagina ou Animadrid.
Internet seguirá a ter protagonismo coa conferencia do director da revista E-site, Salvador Cuenca, e o debate sobre a „Situación do sector audiovisual en Galicia en relación ás novas tecnoloxías‰, no que participarán Diego Vázquez, director de Imaxin; Valentín Carrera, presidente da AGAPI; Luis Hernández, director do Master de Creación e Comunicación Dixital da Universidade da Coruña e director de Videalab; e Tino Santiago, xornalista da TVG.
Na tarde de mañá terá un protagonismo importante a creación artística coa presencia do artista multimedia Evru (Zush); un representante de El Sindicato, Javier Creus; e un membro da axencia Double You, Eduard Pou.
Unha sesión en directo de música electrónica e vídeo xerado en tempo real a cargo de DSK e autoy pechará o programa de mañá. O espectáculo comeza ás 21 h. no Pazo da Cultura.
O Congreso Novas Tecnoloxías e Sociedade remata o sábado 29 cunha conferencia maxistral a cargo do director de Le Monde Diplomatique, Ignacio Ramonet.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia