Expertos en novas tecnoloxías debaterán en Pontevedra sobre comunicación, arte e ocio
O Congreso Novas Tecnoloxías e Sociedade: I Congreso Internacional sobre Comunicación, Arte e Educación na Era Dixital preséntase mañá sábado, 15 de marzo, ás 11:30 horas no Salón de Actos do Concello de Pontevedra. O acto contará coa presencia do Concelleiro de Cultura de Pontevedra, Luis Bará; o Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé María García Palmeiro; e o coordinador do Congreso e do Observatorio de Xornalismo e Novas Tecnoloxías, Darío Janeiro.
O encontro Novas Tecnoloxías e Sociedade celebrarase en Pontevedra entre os días 25 e 29 de marzo, organizado polo Observatorio de Xornalismo e Novas Tecnoloxías e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A xuntanza, patrocinada polo Concello de Pontevedra e por Caixanova, concentrará a destacadas figuras do ámbito nacional e internacional relacionadas directamente coa Sociedade da Información. A apertura do congreso corre a cargo do teórico francés Armand Mattelart e a clausura estará asinada polo director de Le Monde Diplomatique, Ignacio Ramonet.
No encontro participan, ademais, profesionais e intelectuais como Steven Ross, Margarita Ledo, Hipólito Vivar, Begoña Gros, Evru-Zush, Victor Fernández Freixanes, Lois Rodríguez, Luis Ángel Fernández-Hermana, Salvador Cuenca, José Luis Orihuela, Antonio Fernández Coca, Francesc Pumarola, Luís Álvarez Pousa, Elvira García de Torres, Iranzu García Iriarte, Francisco Olivares, Mark Sallent ou Luis Hernández, entre outros. Paralelamente, na facultade de Belas Artes poderase ver unha exposición multimedia do prestixioso festival de arte dixital BARCELONA OFFF, que incluirá a presentación da edición de 2003. O Congreso, de matrícula libre e prazas limitadas, terá tamén obradoiros de iniciación ás novas tecnoloxías e chats cos convidados.
Durante o acto distribuirase o programa do Congreso e outro material informativo ós medios asistentes
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
xornalistas@xornalistas.com
www.xornalistas.com