A conectividade sen fios, un escalón máis no aproveitamento das TIC na USC
Preto do 90 por cento dos espazos docentes e de investigación da Universidade de Santiago xa dispoñen de cobertura sen fios para o acceso á rede de comunicación e a Internet, con 1.100 altas de usuarios. O dato foi presentado polo reitor compostelán Senén Barro nunha roda de prensa na que deu conta do estado actual de implantación do proxecto Sen Fios nos centros da USC tanto en Compostela como en Lugo. Segundo explicacións de Senén Barro, as cifras poñen de manifesto un grao de despregue das tecnoloxías Wi-fi sen precedentes no resto de universidades do Estado.
A rede sen fíos da USC permite o acceso dos usuarios rexistrados á rede de datos e a Internet sen necesidade de conexión física a unha roseta, abonda para iso cun ordenador portátil con conectividade Wi-fi e a autorización de acceso que achegue a necesaria seguridade ao proceso. A rede despregada prioriza a cobertura alí onde a cableada non chega ou onde os puntos de acceso son insuficientes, tales como aulas, bibliotecas, despachos e áreas de administración, laboratorios e zonas de investigación, así como a zonas de espera e mobilidade, de ocio ou residencias universitarias.
Esta dotación de servizos inarámicos permitirá o desenvolvemento de aplicacións dirixidas aos servizos académicos ou administrativos como a disposición de contidos en liña, servizos de autoavaliación para o estudantado, titorías en liña, consultas de expediente académico, estado das solicitudes de bolsas, ou tramitación on-line a través de sinaturas dixitais. A través da conectividade Wi-fi tamén estarían a disposición dos usarios as fontes de información e revistas electrónica da Biblioteca, o acceso a internet e a foros universitarios, recursos en liña de software, acceso a recursos de impresión ou a videoconferencia. Na actualidade, están en funcionamento 429 puntos de acceso sen fios en 68 edificios, 279 no Campus de Santiago, 110 no de Lugo e 40 nas instalacións do Servizo Universitario de Residencias.
A rede sen fios na USC, cuxa experiencia piloto tivo lugar en decembro de 2001, espera acadar neste curso académico a cobertura integral dos campus a través do despregue de 80 novos puntos de acceso e a definición de perfís de seguridade avanzada segundo usos. Ademais, para o vindeiro curso contémplase a posta en marcha de roaming nas universidades galegas, así como un acordo das universidades estatais con red.es en canto a infraestruturas, mobilidade, e conectividade externa. A utilización complementaria de Wi-fi con GSM/GPRS/UMTS así como a atención á evolución de novas tecnoloxías como WiMAX son outros dos retos formulados pola USC no eido das TIC.
Barro indicou ademais que este proxecto non é unha iniciativa aillada senón que entronca cun conxunto de iniciativas deseñadas para o desenvolvemento de accións que fomenten o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións no contorno universitario para a súa implementación na docencia, na investigación e na administración e xestión universitarias. Estas accións recóllense no Plan Estratéxico das TIC (PETIC) documento que pretende trascender máis aló dun documento tradicional para converterse nun verdadeiro plan de acción que inclúe recomendacións operativas.
Uniporta
O reitor sinalou tamén o éxito alcanzado pola USC co programa Uniporta en 2004 a través do que máis de mil universitarios da institución compostelá adquiriron portátiles a baixo prezo e xa configurados con conectividade sen fios. Do total, 542 foron xestionados durante o presente curso académico 2004-2005, o que converte á USC na primeira universidade do Estado en canto a equipos entregados.
A finalidade de Uni-Porta, que se reanudará na primaveira de 2005, é facilitar aos alumnos universitarios de 1º, 2º e 3º Ciclo, e complementariamente a PDI e PAS, a adquisición de ordenadores portátiles de última xeración con mobilidade e conectividade total nunhas condicións de financiamento máis favorables. Deste xeito preténdese contribuir a mellorar o proceso educativo e investigador, aproveitando o potencial das TIC, e avanzando cara a un maior peso dos contidos dixitais, ao tempo que se contribúe a potenciar as competencias relacionadas coas TIC, con independencia da área formativa.
PETIC
Estas axudas para a compra de equipamento propio forman parte dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (PETIC), xunto a outras como son a mellora das infraestruturas das Aulas de Informática e da súa xestión, a mellora e potenciación dos servizos en liña de Matrícula e Xestión Académica ou a dispoñibilidade de software gratuíto ou a prezo reducido para os alumnos.
Co desenvolvemento da rede Wi-fi, o Plan busca tamén a total cobertura da rede sen fíos na USC, así como mellorar os indicadores en apartados como a dotación tecnolóxica de aulas docentes e da ratio de alumnos por computador persoal

Gabinete de Comunicación da USC