Foméntase a Responsabilidade Social Empresarial no sector TIC cunha guía de boas prácticas
A Xunta de Galicia vén de elaborar a "Guía de Boas Prácticas de RSE do sector TIC galego", que presentaron en Santiago a directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira. O documento, que está publicado aquí, pretende responder ao que significa a responsabilidade social empresarial (RSE) para o sector TIC galego, como alcanzala e que aporta a tecnoloxía á RSE. Nesta xornada, ademais, presentouse o informe comparativo sobre a RSE no sector TIC de Galicia, Navarra, Tenerife, Val do Minho e Estremadura.
A guía forma parte do traballo que se vén realizando para impulsar e fomentar a visibilidade e difusión das iniciativas implantadas en materia de RSE por parte das empresas do sector TIC, un dos obxectivos do protocolo de colaboración para a promoción da RSE nas empresas do sector tecnolóxico asinado entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e as asociacións representativas do sector TIC.
Bouso explicou a importancia de seguir a promover a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) no sector das TIC, ao tempo que explicou que esta guía súmase a outras publicadas nesta materia específicas para sectores estratéxicos galegos como o téxtil, o conserveiro, a automoción e a madeira.
A directora xeral de Traballo, ademais, lembrou que a Consellería de Traballo e Benestar lidera o proxecto "Rede Transrexional de Impulso da RSE" que aposta pola responsabilidade social empresarial como factor e elemento fundamental para conseguir un elevado nivel de competitividade e sostibilidade por parte das Pemes. Esta iniciativa, cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), participan como socios as administracións do Goberno de Navarra, do Cabido Insular de Tenerife, Uniminho/Asociación do Vale do Miño Transfronteirizo e do Goberno de Estremadura.
Pola súa banda, a directora da Amtega sinalou que a primeira Guía de Boas Prácticas de RSE do sector TIC galego mostra 26 exemplos reais de empresas que levaron a cabo e consolidaron estratexias ou accións de Responsabilidade Social Empresarial na súa organización. E que tanto esta iniciativa como o Estudo do grao de implantación da RSE no sector tecnolóxico galego son froito do acordo asinado hai un ano entre a Amtega,a Consellería de Traballo e Benestar e as asociacións Agasol, Agestic, Eganet e o Clúster TIC.
Unha colaboración, lembrou, que xa se iniciaba hai dous anos coa posta en marcha do Programa de Voluntariado Dixital, promovido pola Amtega en colaboración coa Consellería de Traballo e que, a día de hoxe, conta coa colaboración de 23 empresas dos sector tecnolóxico que actúan como mecenas dixitais do programa facilitando recursos materiais e a experiencia dos seus profesionais para actuacións de formación dixital da cidadanía.
Mar Pereira destacou que con estas actuacións a Administración autonómica cumpre coa recomendacións da estratexia RSE da Unión Europea que avoga por darlle visibilidade e difusión as boas prácticas neste ámbito e ao establecemento de plataformas sectoriais para empresas e grupos de interese.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia