O Clúster TIC Galicia presenta na Amtega os proxectos Autotic e Controlbox
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá o xoves 26 de marzo nas súas instalacións unha xornada de presentación das iniciativas Autotic e Controlbox. Trátase de dous proxectos incluídos no Plan estratéxico do Clúster TIC Galicia e cofinanciados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través do programa de apoio ás agrupacións empresariais innovadoras (AEI), e polos fondos Feder.
Autotic ten como obxectivo a creación de tecnoloxía para simplificar e axilizar o desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas de forma sinxela, produtiva e escalable. O seu campo de aplicación é o do coche conectado, polo que para facilitar a transferencia de coñecemento desenvolveuse unha aplicación que involucra coche conectado, balizas de proximidade e sistemas de información xeográfica.
Controlbox, pola súa banda, constitúe un produto innovador no campo da seguridade informática. Mediante a parametrización, configuración e integración de hardware con ferramentas de software, permite observar, rexistrar e descubrir o que acontece nunha rede de equipos informáticos, grazas á interceptación das comunicacións e de toda a actividade realizada nos equipos.
A xornada vai dirixida a persoas vinculadas con algún dos seguintes sectores: automoción, saúde, industria e TIC (desenvolvemento de software e smart city). Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse para asistir, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.
Organizadores
A organización desta xornada corre a cargo de cinco entidades: o Clúster TIC Galicia, organización que aglutina empresas, asociacións empresariais, colexios e asociacións profesionais, e outros axentes relacionados coas tecnoloxías; e as empresas Imatia, Sixtema, Hacce, e Infonet.
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ten como obxectivo achegarlles a oferta de produtos tecnolóxicos ás empresas doutros sectores produtivos. O Centro constitúe un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego.
Deste xeito, as empresas TIC poderán desenvolver solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de mercado de empresas doutros sectores produtivos, que coñecerán os produtos TIC máis adecuados para optimizar os seus negocios e terán a oportunidade de trasladarlles demandas concretas ás empresas do ámbito tecnolóxico.
O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Red.es, e a súa misión é ofrecer un espazo de encontro entre a oferta e a demanda tecnolóxica.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia