Notas
-
'Adestrar futuros científicos/as, que ademais de coñecer métodos e técnicas, aprecien as matemáticas polo seu papel no desenvolvemento da ciencia en xeral e da cultura'. Así define Estalmat-Galicia o horizonte que persegue este programa para a detección e o estímulo do talento precoz en matemáticas. Dirixido a estudantes nados nos anos 2008, 2009 ou 2010, Estalmat-Galicia abre o seu prazo de inscrición ata o 30 de maio.
-
A Cidade das TIC acolleu esta mañá o acto simbólico de inicio das obras do Centro de Servizos Avanzados, o primeiro edificio en rehabilitarse no que foi o complexo da Fábrica de Armas. O CSA é un edificio que nace 'cheo', asegurou o presidente do Clúster TIC, e que xa desbordou os límites de espazo debido ás numerosas demandas das empresas do sector por instalarse na Cidade das TIC.
-
Deseño de novos tratamentos médicos combinando nanomateriais con proteínas; técnicas de administración de fármacos dirixidas con precisión empregando nanoestructuras; estudo da interacción da flora intestinal có sistema inmune e as capacidades cognitivas; uso de técnicas estatísticas combinando xenética e neurociencia para o estudo do Alzhéimer...
-
A divulgación científica tomará de novo os bares na sétima edición de Pint of Science, que se celebrará entre os días 9 e 11 de maio. Vigo será unha das 44 cidades españolas nas que durante tres días as e os científicos achegarán de xeito sinxelo e accesible os seus coñecementos ao público, a través da iniciativa nacida en 2013 no Imperial College de Londres e que en España acada a súa sétima edición.
-
O encontro, organizado polo Campus Innova da Universidade da Coruña, en colaboración da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), reuniu a un amplo grupo de investigadores das tres universidades galegas, así como aos directores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
-
A segunda edición de Instagrammers no Camiño pechouse duplicando os impactos da primeira, con máis de 27 millóns de impactos conseguidos a través das máis de 400 publicacións realizadas polos seis instagrammers que participaron. Os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, a actriz Cristina Castaño, e os influencers Xurxo Carreño, Natalia Maquieira e Tamara García Romero foron os participantes nesta ocasión.
-
Nove estudantes de cinco titulacións diferentes e procedentes dos tres campus da Universidade de Vigo reúnense cada fin de semana na Cidade da Cultura para traballar conxuntamente no deseño do primeiro nivel dun videoxogo inspirado na novela ‘Arnoia, Arnoia’, de Xosé Luis Méndez Ferrín. Ao longo deste mes de marzo, desenvolveuse a residencia artística ComTecArt, no marco da segunda edición das Residencias Artísticas do Gaiás (REGA).
-
Galaxy-Lab, o laboratorio avanzado de Intelixencia Artificial aplicada a drons que o Instituto Tecnológico de Galicia desenvolve na Cidade das TIC permitirá situar a Galicia como referente europeo en probas con sistemas aéreos non tripulados. Dará servizo ás empresas que precisen testar os seus sistemas de mobilidade aérea urbana para mercancías ou persoas, tanto nas fases de I+D ou como paso previo á certificación e operación comercial.
-
A USC e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMaga) participan no HUB MSO-ED da Plataforma Española de Tecnoloxías da Modelización, Simulación e Optimización nun Entorno Dixital (PET MSO-ED). Esta iniciativa funcionará como un mostrador de innovación que pon os equipos de investigación matemática máis punteiros de España a disposición da industria.
-
A investigación de doutoramento 'Aplicación de técnicas xeomáticas na Smart Farming: Monitorización de cultivos, determinación de biomasa e detección de enfermidades', desenvolvida polo enxeñeiro vilalbés Izar Sinde González na Escola Politécnica Superior de Enxeñaería do Campus Terra da USC baixo a dirección da profesora Mariluz Gil Docampo, constata as múltiples aplicacións dos sensores de vehículos aéreos non tripulados en distintos procesos de desenvolvemento de áreas rurais en rexións aínda en fase de crecemento e modernización.