Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Notas

  • Unha enxeñeira galega lidera un proxecto centrado no uso da Intelixencia Artificial para identificar condutas suicidas nas redes sociais
    A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra celebran este xoves, 8 de xuño, unha nova sesión do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”, ás 19:00 horas. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o enorme labor científico que se leva a cabo en Galicia.
  • ICE-8 reúne en Santiago o coñecemento académico e industrial no eido da información cuántica
    A oitava edición da conferencia Quantum Information in Spain (ICE-8) serve como punto de encontro para a comunidade científica en información cuántica en España, e incorpora tamén a convidados internacionais desta disciplina. O foro que botou a andar este luns 29 na Facultade de Matemáticas e que se estenderá ata o día 1 de xuño, pon un especial acento en outorgar visibilidade ao traballo dos investigadores e investigadoras máis novas.
  • A UDC liderará o maior proxecto de investigación seleccionado polo INE para mellorar a función estatística oficial
    O Instituto Nacional de Estatística (INE) concedeu ao Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña unha axuda de case 650.000 euros para a realización dun proxecto de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica co obxecto de mellorar a función estatística oficial. A convocatoria establece 13 liñas de traballo das que 7 serán abordadas polo equipo de investigación do CITIC da UDC.
  • A II edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos converterá este venres a Vigo na capital do sector
    “Un encontro especial no que se recoñecerá o traballo e o talento dos profesionais dedicados á localización dos videoxogos”. Así será segundo os seus impulsores a cerimonia de entrega de galardóns da II edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, un acto que, por segundo ano consecutivo, volverá converter a Vigo en capital da industria do entretemento dixital.
  • Un obradoiro internacional explorará no IGFAE a investigación en protonterapia
    O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, coordina para os días 9 e 10 de maio un obradoiro científico internacional sobre as oportunidades tecnolóxicas e de investigación aplicada que se abren diante da futura apertura do Centro Galego de Protonterapia no complexo hospitalario compostelán.
  • Deputación da Coruña e UDC asinan o convenio para a cesión dos terreos na Cidade das TIC onde se vai construír o novo Plató Virtual
    O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a cesión dos terreos na Cidade das TIC onde se vai construír o edificio onde se ubicará a sede do Ecosistema dixital do sector audiovisual de Galicia.
  • A ICC Week leva a Ourense o debate sobre as aplicacións da intelixencia artificial na sociedade
    No marco da programación da ICC Week 2023, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense acolleu a mesa redonda 'Aplicacións da intelixencia artificial á nosa sociedade'. A IX Semana das Industrias Culturais e Creativas ten lugar ata o domingo nunha ducia de localizacións da cidade e da provincia.
  • A Xornada Mulleres na Ciencia abordará o impacto da robótica
    A oitava edición da Xornada Mulleres na Ciencia abordará a robótica, un tema de “plena actualidade no eido da investigación, cun notable impacto interdisciplinar, e social polo tanto”. A Xornada Mulleres na Ciencia organízase dende o ano 2015 en concordancia coa asemblea anual da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia coa vontade de abordar temas de interese e actualidade na investigación así como no que afecta á fenda de xénero na academia e a na investigación.
  • Vigo acollerá en xuño o principal encontro nacional de investigación en ciberseguridade
    As VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad, JNIC, principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal, celebraranse este ano en Vigo. Serán do 21 ao 23 de xuño organizadas polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, e o centro tecnolóxico Gradiant, co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade, Incibe.
  • Galicia, á cabeza no consumo de prensa en papel e entre as comunidades que máis empregan os medios dixitais
    Galicia atópase á cabeza do consumo de prensa de papel, ademais de ser a comunidade que se declara máis informada no referente á actualidade política e tamén a de maior consumo de medios dixitais. Son algunhas das conclusións dunha sondaxe presentada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e elaborada por Metroscopia e a Fundación AXA para o foro independente Xornalismo 2030.
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información