Notas
-
Nun contexto no que moitas axencias espaciais pensan na posibilidade de realizar viaxes a Marte, unha vintena de estudantes de catro enxeñarías dos campus de Ourense e Vigo puxo en marcha UVigo SpaceLab, un equipo multidisciplinar dedicado ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais no eido da educación.
-
Conseguir que o galego dea un paso decidido cara a adiante no eido das tecnoloxías intelixentes é o horizonte que persegue o proxecto Nós, no que USC e Xunta de Galicia suman esforzos para equiparar o idioma propio da Comunidade a outras linguas que inundan o ecosistema dixital. Esta iniciativa, a máis ambiciosa que se ten desenvolvido a prol do galego, nutrirase de todo o potencial que alberga a Universidade como institución pioneira e de referencia en Galicia no eido da Intelixencia Artificial.
-
A iniciativa que logrou que Twitter comezara a publicar chíos en vez de tweets, celebra o seu décimo aniversario. Un día de celebración ao que se están sumando personalidades do mundo académico como o Presidente da Academia Galega, Víctor Freixanes, ou Rosario Álvarez, así como persoas relacionadas como Marilar Aleixandre ou Arancha Nogueira da literatura, Marcus Fernández do activismo dixital, Monti Castiñeiras e Carlos Ares da televisión.
-
Trinta e catro palabras foron dabondo para que Álex Gallego Couñago (2010), alumno do CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade, se fixese co primeiro premio da categoría infantil do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal. A súa historia, titulada 'Saíndo do túnel', foi a mellor valorada entre os máis de 300 contos presentados por nenos e nenas de ata 11 anos.
-
A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas asinaron este martes en Santiago de Compostela un acordo polo que as titulacións de grao e mestrado en Intelixencia Artificial serán interuniversitarias, por considerar “importante garantir o equilibrio territorial que facilite o acceso máis xeneralizado posible a este tipo de estudos tendo en contra a súa influencia económica e social nos vindeiros anos”, tal e como recolle o documento.
-
Os investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, Carlos Dafonte, Minia Manteiga, Marco A. Álvarez e Daniel Garabato, integráronse recentemente no consorcio internacional que contribúe ao desenvolvemento da misión EUCLID da Axencia Espacial Europea (ESA). Trátase dunha ambiciosa misión que ten o obxectivo de investigar a orixe do universo, a historia da súa expansión e o crecemento das estruturas cósmicas durante os últimos 10.000 millóns de anos.
-
Unha historia de 128 palabras escrita por Paloma de Toro González (Ourense, 1985) é a gañadora do primeiro premio na categoría de adultos do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal entre os case 800 textos de ata 200 palabras presentados. O segundo premio recaeu nun conto de Luca Chao Pérez (Lugo, 1988) e o terceiro, nun relato de María Cabaleiro Alfaya (Tui, 1993).
-
O colexio Paradai de Lugo acolleu a primeira parada dos obradoiros de divulgación científica organizados polo grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC XuvenCiencia ao abeiro do proxecto 'Ciencia no Camiño'. Con esta iniciativa, o equipo que coordina a profesora Mercedes Novo desenvolverá actividades formativas fundamentadas en propostas para o coñecemento da contorna e o desenvolvemento do territorio
-
O investigador da Universidade da Coruña, Juan Romero, foi galardoado co 'Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation in Europe' outorgado pola sociedade científica SPECIES. Este premio europeo outórgase ao investigador que máis contribuíu á investigación en Intelixencia Artificial e á técnica de Computación Evolutiva nos últimos anos.
-
O experimento Large Hadron Collider beauty (LHCb) do CERN, no que participan investigadores da USC a través do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), acaba de anunciar novos resultados que, de confirmarse, suxerirían indicios dunha violación do Modelo Estándar de física de partículas. Este Modelo predí que as desintegracións que involucran diferentes sabores de leptóns, deberían ocorrer coa mesma probabilidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »