Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Notas

  • O IGFAE participa no catálogo interactivo con 100 dos raios cósmicos máis enerxéticos xamais detectados
    Un dos grandes misterios en astropartículas é saber como unha partícula, na súa viaxe polo cosmos de centos de millóns de anos luz cara á Terra, pode ser acelerada cunha enerxía ata dez millóns de veces superior á que alcanzan os protóns no acelerador de partículas máis potente do mundo, o Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN.
  • O grupo GRISAMP avalía o potencial das TIC no avellentamento activo
    O grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC segue a traballar nas posibilidades que as tecnoloxías da información achegan para o desenvolvemento de intervencións psicolóxicas que promovan o avellentamento activo. O grupo está avaliando a eficacia que pode acadar un videoxogo en liña, unha plataforma virtual e a súa correspondente app móbil.
  • Tatsuya Nakada, un dos maiores expertos internacionais en experimentos de física de partículas, visita a USC
    O profesor da Universidade suíza de Lausanne e un dos maiores expertos en experimentos de física de partículas do mundo, Tatsuya Nakada, visitou este luns a USC, onde asinou no Libro de Honra da institución logo de ser recibido, no Colexio San Xerome, polo reitor Antonio López. O profesor Nakada estivo acompañado polo vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri, e polos investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Bernardo Adeva e Diego Martínez.
  • O Cinbio lanza CinVigo, un festival que converterá a cidade nun gran laboratorio científico
    Faltan 60 días para que chegue a Vigo o festival científico CinVigo, organizado polo Centro de Investigacións Biomédicas da UVigo. Trátase dunha nova iniciativa coa que este centro de I+D+i, no que traballan máis de 200 persoas, busca achegar a ciencia que día a día se fai nos seus espazos ás prazas e rúas, convertendo así o centro da cidade olívica nun auténtico laboratorio científico do que poida ser partícipe toda a cidadanía.
  • Na procura de miles de voces que lle aprendan á tecnoloxía a entender e falar galego
    Que unha persoa galegofalante poida interactuar co mundo dixital na súa lingua precisa do desenvolvemento da tecnoloxía que o faga posible e para que esta tecnoloxía entenda e fale galego son necesarias gravacións de voces (datasets), que permiten adestrar os algoritmos de intelixencia artificial que usan os axentes conversacionais por voz, en dominios como, por exemplo, a saúde ou os trámites administrativos, que resultan especialmente necesarios no caso das persoas maiores ou con algunha discapacidade.
  • A Nerd Nite de febreiro profundará nos datos, na orixe da electrónica galega e na toponimia
    Datos, electrónica e toponimia serán os tres eidos temáticos sobre os que pivotará a primeira Nerd Nite de 2023. A Nave de Vidán acollerá o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a próxima sesión destas charlas científicas, coordinadas polo catedrático da USC Jorge Mira, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.
  • Investigadores de atlanTTic estudan as principais vantaxes de aplicar as redes privadas 5G á industria
    Similares ás redes privadas informáticas, as redes privadas 5G permiten crear unha rede de telecomunicacións para un uso específico dentro dun espazo concreto, tanto interior –unha fábrica, un almacén, etc- como exterior -o campus, o porto, etc.-, pero sen cables de por medio, xa que as comunicacións se realizan a través de antenas e dispositivos 5G que se comunican entre si de xeito 'inmediato, estable e constante'.
  • A UDC crea a Rede de centros e unidades de I+D+i
    O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, presentaron a Rede de centros e unidades de I+D+i da UDC, recentemente constituída co obxectivo de reforzar as estruturas dos centros de investigación existentes de forma que se potencie a investigación e a competitividade dos mesmos.
  • A Cidade das TIC contará co maior estudo audiovisual virtual de España
    O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou onte na Cidade das TIC da Coruña no acto de presentación dos primeiros avances do que será o maior estudio audiovisual virtual de España xunto con María González Veracruz, secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Julio Abalde, reitor da UDC, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual de Galicia.
  • IA e coñecemento humano selan unha alianza estratéxica contra a desinformación no proxecto HYBRIDS
    Humanos e máquinas achegarán o mellor de si para coutar algunhas das ameazas coas que se atopan as democracias actuais: noticias falsas, discursos de odio ou desinformación. Esta é a meta de HYBRIDS (Intelixencia híbrida para monitorizar, promover e analizar transformacións nas boas prácticas democráticas), un novo proxecto de investigación liderado dende a USC para contrarrestar a ameaza da desinformación, baseadas no procesamento da linguaxe natural (PLN) e a Intelixencia Artificial (IA).
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información