Notas
-
A Concellería de Cultura do Concello da Coruña activa a cuarta edición de Coruña Dixital, que este ano aposta polo reforzo na iniciación e uso seguro da tecnoloxía dos colectivos de maiores, familias e mocidade. Foi presentada esta iniciativa municipal que ten como finalidade visibilizar e dinamizar as comunidades dixitais que existen na Coruña e facilitar a participación activa da veciñanza nas novas prácticas culturais e creativas.
-
Coñecemento e experiencia unidos para que Galicia sexa referente no campo da Ciberseguridade. Ese é o obxectivo primeiro do evento CyberSec@GAL, que comeza a súa andaina hoxe con dous obradoiros nas escolas de Informática e Telecomunicacións das Universidades da Coruña e Vigo. impulsado pola cátedra R en Ciberseguridade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o foro conta tamén coa colaboración da AMTEGA, Gradiant, Emetel, Hijos de Rivera Abanca e o COETG.
-
Abriuse o IV Foro Autonómico TIC de Gartner, o primeiro que se celebra en Galicia. No encontro abordaranse aspectos chave para as Administracións públicas como as estratexias para incluír as TIC na axenda política, os modelos de financiamento para a transformación dixital ou a evolución das infraestruturas tecnolóxicas para dar resposta ás demandas futuras derivadas da dixitalización.
-
Os vindeiros 18 e 19 de outubro celebraranse unhas xornadas na cidade de Lugo no que o Camiño Primitivo tomará protagonismo pola súa relevancia como o roteiro orixinal e máis antigo a Compostela. O evento, que se enmarca dentro de O teu Xacobeo, realizarase na Casa do Saber, fronte á Catedral lucense, con entrada aberta para quen queira asistir e mesmo participar e expoñer a súa opinión sobre este roteiro.
-
Os escolares de Ourense participarán a partir desta semana en tres xornadas organizadas por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co obxectivo de impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. Logo do éxito acadado coas dúas xornadas celebradas en 2018, Tecnópole amplía así a súa participación na iniciativa “Ciencia e Tecnoloxía en Feminino”, promovida pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).
-
A Administración autonómica contará cun Plan de capacitación dixital do empregado público dirixido a todas as persoas que traballan nas administracións públicas galegas e que permitirá acadar o certificado galego de competencias dixitais. Estase a traballar na concreción deste marco de competencias dixitais, recollido na Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), e que se prevé que estea regulado no 2020.
-
Como explicaron, ao abeiro do Creative Loci Iacobi, Galicia estará incluída nos diferentes tours virtuais creados en Europa dos que forman parte diferentes puntos de España, Bélxica, Francia, Lituania, Polonia ou Portugal. Son viaxes audioguiadas, con música e sons que teñen como guía un personaxe histórico destacado en cada un dos oito territorios do proxecto. No caso de Galicia o narrador é o Mestre Mateo.
-
Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago adscritos ao Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatología da Obesidad e a Nutrición (CIBERobn), coordinan un estudo que descubriu un mecanismo mediante o que algúns fármacos utilizados para o tratamento doutras enfermidades diminúen tamén o peso corporal.
-
A Xunta incrementará nun 23,6%, ata os 8 millóns de euros, as axudas para os contratos programa aos centros tecnolóxicos de Galicia para apoiar os seus proxectos de I+D+i e, así, poder converter Galicia nunha potencia científico-técnica. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunha reunión que mantivo co presidente de Atiga.
-
O 85,6% dos fogares galegos ten un servizo de internet contratado, segundo se recolle no estudo “A Sociedade da Información nos fogares galegos 2018”. Esta porcentaxe supón un incremento dun 20% respecto ao ano 2015, o dobre que o rexistrado no conxunto do Estado no mesmo período de tempo. A convivencia con nenos eleva, considerablemente, a porcentaxe de contratación de internet. O 99% dos fogares con nenos en idade escolar teñen internet contratado mentres que nos fogares sen nenos a porcentaxe descende ata o 81,4%.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »