Notas
-
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) organiza xunto coa Cátedra R en Ciberseguridade (UVigo, UDC e a empresa R) e atlanTTic, da Universidade de Vigo, a primeira edición de TalentoCibeR. O evento ten por obxectivo dar visibilidade ao talento en ciberseguridade de Galicia e fomentar novas vocacións entre mozos e mozas, situando no mesmo espazo empresas e talento.
-
O alumnado galego de 2º de bacharelato interesado na física e no mundo da investigación ten unha cita o venres 1 de marzo na USC. Un ano máis, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, centro mixto da USC e a Xunta, organiza a Masterclass “Física de Partículas coas mans”. A xornada pretende achegar o día a día da investigación nesta disciplina, outorgar visibilidade ao traballo punteiro que se desenvolve dende Santiago de Compostela e espertar vocacións científicas entre o estudantado.
-
A Catedral de Santiago de Compostela é un enorme pulmón con capacidade para 60.000 m3 de aire. Cunha intricada rede de naves, bóvedas, capelas e pasadizos, este espazo monumental ten soportado, ao longo dos séculos, condicións climáticas extremas, especialmente os fortes ventos e as chuvias procedentes do océano Atlántico.
-
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024). A cita está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia en colaboración coas tres universidades públicas galegas (Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC.
-
A proliferación das informacións falsas, imprecisas ou enganosas que se difunden a través das redes sociais e das aplicacións de mensaxería, converténdose nalgúns casos en virais, tense convertido “nunha preocupación de primeira magnitude para gobernos e institucións internacionais”, dado que “pon en risco a estabilidade dos sistemas políticos democráticos” e constitúe “unha seria ameaza para a credibilidade dos medios de comunicación”.
-
Baixo o nome de Aerolab (Aerospace & Transportation Systems Laboratory) constituíuse no campus de Ourense un novo grupo de investigación. Aerolab nace co obxectivo de converterse nun referente no ámbito da enxeñaría do transporte, con especial énfase nos sistemas aéreos. Os obxectivos de investigación do grupo, sinalan desde a súa organización, atópanse dentro do alcance dos sistemas aeroespaciais e de transporte, considerando moitos aspectos diferentes.
-
O lema ciberdelicuente figura dende hai un tempo no Dicionario en liña da Real Academia Galega para designar a persoa que comete un acto delituoso por medio das tecnoloxías da información e da comunicación, pero a inventiva para sensibilizar sobre o problema dos ciberataques e outros delitos informáticos creou nos últimos meses un neoloxismo de rexistro coloquial que tira do humor para gañar eficacia neste desafío: cibercarracho, -a.
-
O xogo 'Avy, Fábulas da Noite', nado como traballo final do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, consegue o galardón ao Xogo coa Mellor Arte na X Edición do Premios iokool PlayStation Talents. O acto de entrega de distincións tivo lugar nos Cines Callao de Madrid e puido seguirse en directo na canle de Twitch de PlayStation España.
-
A clave do éxito do CEMI, o Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, está en reunir talento e experiencia. O equipo involucrado no programa supera as 100 persoas, 52 da Universidade da Coruña e 47 da compañía pública, ás que habería que engadir outras que se integran nos grupos de traballo a través das subcontratacións necesarias para determinados proxectos.
-
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña participará nun proxecto europeo, liderado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), no que participan a Associação de Municípios para a Gestão Sustentável de Resíduos do Grande Porto e a Universidade dá Beira Interior, sobre transformación dixital con tecnoloxías intelixentes para a clasificación de residuos de envases de orixe doméstico.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »