Notas
-
O III Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa ten gañadores. O xurado, reunido onte pola tarde de forma telemática, premiou nove pequenas grandes historias que en conxunto suman 1.025 palabras. Cristina Fernández Mangana, natural de Ourense, Nee Barros Fernández, de Marín, e Christian Cabaleiro Otero, de Redondela, fixéronse cos primeiros premios nas modalidades de adulto, xuvenil e infantil, respectivamente.
-
Formación en comercio electrónico a 1200 autónomos para reforzar a competitividade dos seus negociosO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia con participantes na iniciativa Autónomos dixitais, un novo programa formativo que busca reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos.
-
La Diputación Provincial de Lugo, lanza el Plan EN LUGO SÍ, para generar confianza y recuperar la demanda en el comercio y la hostelería de todas las localidades de la provincia, (excepto Lugo capital que tiene su plan propio en marcha) por ser dos de los sectores económicos más afectados por la crisis que ha provocado el coronavirus.
-
Reábrense os prazos para solicitar as bolsas do Programa DigiTalent, que ofrece 32 prazas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura para realizar prácticas formativas en empresas do sector tecnolóxico. Os interesados poderán remitir as súas candidaturas ata o próximo día 23 de xuño (incluído). Estas bolsas están orientadas a estudantes universitarios menores de 31 anos.
-
Científicos da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares traballan en crear un citoesqueleto ‘artificial’ para explicar o comportamento e evolución das células e servirse da química para resolver problemas biolóxicos. “No noso proxecto de construción do esqueleto de células sintéticas, conseguimos controlar os seus sistemas de andamios”, explica o investigador principal Javier Montenegro.
-
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia mantivo no mes de marzo unha xuntanza de traballo con representantes da Federación Galega de Municipios (FEGAMP), das deputacións provinciais, do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e do Centro Criptolóxico Nacional (CCN) para darlles conta dos pasos que está a dar a Xunta para crear o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal e convidalos a sumarse á iniciativa.
-
Para o desenvolvemento desta vacina, o equipo de investigadores utilizará métodos computacionais para identificar as partes do virus que sexan capaces de provocar unha resposta notable no sistema inmunitario. Seguidamente, procederase á fabricación da molécula ARNm máis prometedora e, por último, á súa incorporación nun vector viral ou sintético, co fin de garantir a estabilidade do ARN e favorecer a súa chegada efectiva ao sistema inmunitario.
-
O Programa Talento Mozo levará ás redes sociais as historias de éxito de mozas e mozos galegos relevantes en diferentes eidos como a cultura, a música ou o deporte. Este programa procura achegar á xuventude galega a traxectoria e a experiencia de xente nova da comunidade que serve de exemplo ás nenas e nenos de Galicia. Desta maneira, cada xoves manterase unha charla a través do Instagram de Xuventude (@XuventudeGalicia) cunha persoa moza galega que destaque no seu ámbito.
-
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de notificar formalmente á Comisión Europea a iniciativa autonómica para a mellora de cobertura móbil en zonas illadas. Este trámite dá continuidade ao intercambio de información levado a cabo nos últimos meses para acadar a aprobación previa por parte da Comisión Europea e, deste xeito, poder levar a cabo os investimentos públicos previstos para a mellora das redes de telefonía móbil nas zonas rurais.
-
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Amtega continúa a súa actividade de sesións formativas en streaming con novas xornadas programadas para a primeira semana de maio. Organizadas en colaboración con diversos axentes tecnolóxicos, estas sesións por streaming están destinadas a pemes e autónomos e, co formato #DemosXweb, teñen como obxectivo fomentar o teletraballo ao longo desta etapa de confinamento derivada da crise sanitaria provocada pola Covid-19.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »