Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Notas

  • Máis de 10.000 galegos en todo o mundo seguen a clase inaugural de Aula Galicia Aberta
    Boa acollida para a inauguración de Aula Galicia Aberta, o novo programa posto en marcha pola Secretaria Xeral de Emigración, que foi seguido na súa primeira clase por máis de 10.000 galegos a través de Facebook live . A sesión de canto e pandeireta impartida por Leni Pérez, formada por unha parte formativa e divulgativa e unha titoría inmediatamente posterior, recibiu nas primeiras horas desde a súa emisión máis de 2.000 interaccións e preto dun milleiro de comentarios.
  • 'Clic Xanela', un curso en liña para mellorar as fotografías desde o móbil
    A Cidade da Cultura, dentro da campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web o curso Clic Xanela, unha actividade en liña con técnicas para mellorar a calidade das fotografías que se sacan desde o móbil. Pensado para un público adulto sen necesidade de coñecementos previos, Clic Xanela ten o obxecto de facilitar os recursos e habilidades para tirarlle un mellor partido as posibilidades que nos dan os dispositivos móbiles.
  • O Plan DigiTalent suma ao seu catálogo de actuacións a edición especial de Campus Dual
    O Plan de Promoción do Talento Dixital da Xunta (DigiTalent) suma unha nova iniciativa ao seu catálogo de actuacións, coa incorporación da edición especial de Campus Dual, unha iniciativa impulsada polo Clúster TIC Galicia, asinante do Pacto Dixital e adherido ao Plan, que ofrece capacitación no ámbito tecnolóxico. Os cursos terán unha duración de 12 semanas e organizaranse en grupos de 9 alumnos e equipos de 3. O prazo de inscrición termina este xoves e o curso comezará o luns, 27 de abril.
  • A Rede CeMIT ofrece formación online a través da súa plataforma virtual e propostas e recomendacións diarias na web Faite Dixital
    A Amtega, a través da Rede CeMIT, continúa ofrecendo formación dixital online, a través a plataforma de teleformación EMA, que conta cun amplo catálogo de cursos para poder continuar formándose no eido dixital sen saír da casa. Os cursos están catalogados desde un nivel máis básico, como o uso da tableta, o aproveitamento do smartphone, as redes sociais, ata o uso da administración electrónica, operacións dixitais o tratado de imaxes e vídeos, etc.
  • Micromecenado para 'acelerar' a investigación contra a COVID-19
    A plataforma de micromecenado Sumo Valor acaba de abrir unha nova liña destinada a acelerar o proceso de investigación contra a COVID-19, para fomentar e reforzar liñas de investigación relacionadas co SARS-CoV-2, integrando áreas de coñecemento diversas cunha perspectiva holística. Os fondos destinaranse á detección do virus en diferentes matrices, investigación en vacinas, análises dos impactos económicos, modelización da pandemia e estudos epidemiolóxicos
  • O Centro Demostrador TIC da Amtega ten previstas seis sesións formativas en streaming para pemes e autónomos ata finais de abril
    O Centro Demostrador TIC da Amtega continúa a súa actividade divulgativa e formativa para pemes e autónomos con diversas actividades en streaming, que nestes días están rexistrar notables incrementos de participación. Con estas sesións, en colaboración con diversos axentes tecnolóxicos da Comunidade e que teñen o formato #DemosXweb, búscase fomentar o teletraballo e tratar diversos aspectos de utilidade á hora de adoptar esta modalidade de traballo.
  • A USC exporta o 'know how' da produción de xel sanitizante destinado a abastecer a sanidade pública
    A USC acaba de transferir o seu procedemento de produción do xel sanitizante a outras catro universidades españolas (Granada, Almería, Cantabria e Politécnica de Valencia) así como ás de Verona (Italia), Surrey e Edimburgo (Reino Unido) e á Universidade Católica de Perú. Estas institucións interesáronse pola iniciativa da USC que xa ten posto a disposición da administración autonómica galega arredor de 5.000 botellas do xel.
  • Máis de 1.700 pacientes de Covid19 están sendo telemonitorizadas nas súas casas polo Servizo Galego de Saúde
    A plataforma de teleasistencia TELEA, do Servizo Galego de Saúde, permite facer seguimento sanitario dun total de 1.700 pacientes que resultaron positivos por coronavirus e que permanecen no seu domicilio. Desta forma, son telemonitorizados polos profesionais sanitarios quen teñen información directa en todo momento dos posibles cambios na evolución da súa enfermidade. O perfil destes pacientes é de persoas con resultados positivos por COVI-19 con sintomatoloxía leve ou dados de alta hospitalaria.
  • Publicadas dúas guías para facilitar o teletraballo a pemes e autónomos e cidadáns
    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe dúas guías para facilitar o teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están dispoñibles xa nas webs do CDITC e Faite Dixital, e nelas poderán atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto. A información das guías complementarase con post diarios que se publicarán tamén nestes portais.
  • O Polo Aeroespacial de Galicia acolle a 180 mozos e mozas galegos para espertar neles as vocacións científico-tecnolóxicas
    A xornada, na que participaron un total de 180 alumnos de 3º e 4º da ESO e na que colaboraron a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e Inta, Boeing, Indra e Babcock, incluíu o programa educativo Science Truck, que busca entreter e espertar o interese dos máis novos pola ciencia, así como unha demostración de proxectos que se están levando a cabo nas instalacións de Rozas. O obxectivo da actividade era achegar aos rapaces a este sector innovador a través do Polo Aeroespacial de Galicia.
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información