Notas
-
Trátase do proxecto Glossa, que presentaron o director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias e o responsable de Política Lingüística. A secretaría xeral e a compañía de telecomunicacións tamén anunciaron un convenio de colaboración que contribúa a promover o uso do galego nos servizos que ofrece Telefónica.
-
En colaboración con todos os axentes implicados a través dun plan de acción dotado con 800.000€, fomentarase o uso do software libre en Galicia. Destinaranse 265.000 euros a promover 60 accións das asociacións galegas de usuarios e empresas de software libre e das tres universidades.
-
A Secretaría Xeral de Modernización da Xunta de Galicia destina 150.000 euros para que as institucións académicas creen unha plataforma de voto electrónico única e común dirixida ao conxunto da universidade.
-
A exposición interactiva da Secretaría Xeral de Medios estreou Meta do Camiño, curtametraxe en 4-D (3-D acompañado de efectos especiais de vento, aroma e fume), e o vídeo conmemorativo dos 25 anos da CRTVG.
-
O maior evento informático de Galicia, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, prolongarase ata o domingo 28 de marzo no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
-
Víctor López, responsable da empresa Ava Soluciones Tecnológicas, releva no cargo a Beatriz Legerén, de Interacción, presidenta da asociación durante os últimos catro anos. Eganet é a asociación de empresas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías máis veterana de Galicia.
-
A primeira fase abrangue 22 concellos de Lugo, cinco da Ribeira Sacra ourensá e un de Pontevedra. No 2013 o 83,19% dos habitantes destas zona terán acceso á banda larga fronte ao 37,32% actual.
-
Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, destacou a importancia de lograr a conectividade da totalidade do territorio galego para igualar as oportunidades da zona rural e a urbana na expansión e implantación de Internet. Reiterou o compromiso da Xunta con Lugo no Plan de Banda Ancha durante a presentación da Guía Webs de Galicia.
-
O Centro Multimedia de Galicia (CMG) acolle a presentación da Guía Webs de Galicia editada por Interdix Galicia en colaboración coa Xunta. Publicada a toda cor, esta guía recolle en galego información sobre 4.800 webs galegas que tamén figuran no portal www.websgalicia.com, de Galiciadigital.com.
-
O encontro informático, considerado o maior evento tecnolóxico de Galicia, celébrase do 26 ao 28 de marzo no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela cunha novidade: a Lan Party.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- …
- seguinte ›
- última »