Notas
-
A actividade consiste nunha exposición na que se presentan conceptos relacionados coa climatoloxía, atmósfera e radiación solar, así como a descrición de áreas climáticas e fenómenos globais. Enmárcase na Semana da Ciencia 2009 que se celebra do 9 ao 22 de novembro en Galicia.
-
A institución provincial financia a infraestrutura necesaria para que 51 concellos da provincia dispoñan dunha conexión a Internet ao mesmo nivel que nas cidades.
-
A Xunta elaborará o Plan Estratéxico Tecnolóxico Global para impulsar a modernización da Administración e a inclusión de Galicia no novo contexto dixital. Mar Pereira asegura que este plan será o instrumento fundamental para orientar a política tecnolóxica da Xunta de Galicia nos próximos anos.
-
A curtametraxe, nas categorías de ficción, experimental, documental e animación, foi o xénero estrela, con 167 proxectos inscritos, o dobre que na pasada edición.
-
Dotado cun orzamento de 1.150.000 euros, integran o centro varias unidades diferenciadas orientadas á produción de contidos audiovisuais, produción e experimentación 3D, e os videoxogos, entre outras.
-
O xogo “Consumópolis 5: E ti de que vas?: A min mólame o consumo responsable” consiste nun percorrido pola cidade de Consumópolis para ir resolvendo probas pedagóxicas e lúdicas, de xeito individual e en equipo, a través da web do IGC.
-
A redución en 10 puntos do índice de piratería, ata o 2011, suporía a creación de dous mil empregos adicionais e 194 millóns de euros en impostos, polo que se trata de mentalizar a cidadáns e empresas do uso do software legal.
-
A Xunta destaca o seu compromiso co Plan director de banda larga, elemento primordial para impulsar unha estratexia global que sitúe a Galicia no núcleo da Sociedade da Información (SI).
-
A empresa TIC Quobis Networks, que ten o seu laboratorio técnico no Parque Tecnolóxico de Galicia, celebra o seu primeiro webinar (presentación tecnolóxica on-line) o 7 de outubro. O encontro virtual tratará sobre a aplicación das tecnoloxías WiMAX Mobile a redes profesionais.
-
A edil Beatriz Sestayo avanza que se facilitará información da Casa da Xuventude e se recollerán as propostas dos mozos. Os rapaces e rapazas que desexen agregarse deberán pedilo enviando un correo a casadaxuventudeferrol@hotmail.com.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- …
- seguinte ›
- última »