Notas
-
A análise química das bágoas humanas cobrou unha grande importancia nos últimos anos debido ao enorme potencial destes fluídos como fonte de biomarcadores de diferentes doenzas. Diversos estudos sobre as secrecións lacrimais mostraron resultados prometedores na diagnose de diversas enfermidades.
-
Afundación e ILUX Visual Technologies presentan 'AI: More than human', un proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial creado polo Barbican Centre de Londes e coproducido polo Forum Groningen de Países Baixos. Cunha impoñente montaxe que ocupará todo o edificio da Sede Afundación da Coruña, 'AI: More than human' conforma un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos coma científicos da intelixencia artificial.
-
Tras dúas semanas de deliberación, o xurado profesional do AI Song Contest, a Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial, decidiu que a canción galega AI-LALELO competirá na final do concurso o próximo 6 de xullo en Bélxica. O tema impulsado por un equipo de Galicia competirá xunto a outras 14 cancións de países como Países Baixos, China, Tailandia, Reino Unido, Suecia, EEUU, Corea do Sul, Francia e Alemaña.
-
40 especialistas Internacionais na loita contra o cibercrime e o terrorismo na rede participan esta semana na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na reunión anual de Uncover, un proxecto europeo financiado polo programa Horizonte 2020 con 7 millóns de euros dirixido a mellorar as técnicas de análise forense en todo o que ten que ver coa detección de mensaxes e datos ocultos enviados por criminais e terroristas en calquera tipo de documento dixital multimedia.
-
Este luns tivo lugar a presentación da terceira publicación de datos de Gaia, misión espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) cuxo obxectivo principal é medir cunha precisión sen precedentes a posición, os movementos e as propiedades das estrelas da Vía Láctea, creando un mapa multidimensional de case dous mil millóns de estrelas.
-
Do 7 ao 10 de xuño en Santiago de Compostela terá lugar o 9th International Workshop on Acoustic and Radio EeV Neutrino Detection Activities (ARENA 2022), o principal congreso bianual dedicado ao estudo e detección dos fenómenos máis extremos do universo, ao que acudirán ao redor de 70 especialistas de todo o mundo.
-
O Instituto Internacional de Ciencias Espaciais (International Space Science Institute-ISSI) acaba de escoller ao físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel para liderar un equipo internacional que estudará durante os próximos dous anos os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial.
-
O proxecto ABILITI investiga de que xeito os sistemas de telepresenza poden previr o illamento no sistema educativo dos nenos e nenas con enfermidades graves e/ou crónicas. Este consorcio internacional do que forma parte a USC testa un robot físico que permite ao alumnado con enfermidades crónicas ou de longa duración participar en clase e mesmo en actividades extraescolares a través dunha app na súa tablet.
-
'Adestrar futuros científicos/as, que ademais de coñecer métodos e técnicas, aprecien as matemáticas polo seu papel no desenvolvemento da ciencia en xeral e da cultura'. Así define Estalmat-Galicia o horizonte que persegue este programa para a detección e o estímulo do talento precoz en matemáticas. Dirixido a estudantes nados nos anos 2008, 2009 ou 2010, Estalmat-Galicia abre o seu prazo de inscrición ata o 30 de maio.
-
A Cidade das TIC acolleu esta mañá o acto simbólico de inicio das obras do Centro de Servizos Avanzados, o primeiro edificio en rehabilitarse no que foi o complexo da Fábrica de Armas. O CSA é un edificio que nace 'cheo', asegurou o presidente do Clúster TIC, e que xa desbordou os límites de espazo debido ás numerosas demandas das empresas do sector por instalarse na Cidade das TIC.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »