A aplicación PassCOVID informa á cidadanía das medidas postas en marcha para conter a pandemia, e da situación actual en cada concello
Calquera usuario da aplicación ten acceso a información sobre a situación da pandemia en toda Galicia, e pode seleccionar o concello do seu interese para estar ao tanto das medidas que a Xunta está a adoptar. Ademais, todos os usuarios reciben alertas, avisos e recomendacións que as autoridades sanitarias emiten sobre a evolución da pandemia.
PassCOVID ten, por tanto, a finalidade de dar información próxima e de interese á cidadanía galega sobre a situación actual da crise sanitaria na nosa comunidade, e na liña de garantir información próxima, de fontes oficiais, contrastada e de interese.
Esta ferramenta informática tamén recolle información sobre precaucións e bos hábitos, seleccionables por colectivos ou perfís.
Así mesmo, PassCOVID serve de apoio na aplicación dos diferentes protocolos de seguimento definidos tanto pola autoridade sanitaria galega como outros departamentos da Xunta con competencias na xestión da crise, tanto sanitaria como social.
Sanidade lembra a importancia de Instalar RadarCOVID e PassCOVID para axudar ao control da pandemia.

R.