Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

A Alianza galega polo clima acada as 50 entidades adheridas en menos dun ano

A Alianza galega polo clima conta xa con 50 entidades adheridas en menos dun ano, tal e como salientou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a sinatura do convenio de incorporación de Jealsa a esta iniciativa que impulsa a Xunta e que avoga pola busca de accións conxuntas e coordinadas en torno á acción climática na Comunidade.

Logo de resaltar que á Alianza galega polo clima xa se uniron universidades, autoridades portuarias, clubes deportivos, organizacións sindicais, empresas e outras entidades, Ángeles Vázquez anunciou que se está a preparar un encontro entre os membros adheridos para seguir creando sinerxías de cara a avanzar no obxectivo de acadar unha Galicia neutra en emisións de CO2.

Cómpre lembrar que a adhesión a esta Alianza supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

Nesa liña, Ángeles Vázquez fixo fincapé na importancia de contar coa experiencia de Jealsa nesta iniciativa e puxo en valor o programa de responsabilidade social corporativa We Sea, en base ao que esta empresa desenvolve a súa estratexia en favor da sostibibilidade multinivel.

De feito, Jealsa conta con directrices para garantir que toda a materia prima que entra nas súas instalacións procede unicamente da pesca responsable. A compañía ten desenvolvido un ecosistema de valorización único na industria de transformación pesqueira europea, que lle permite obter un aproveitamento do 100% da materia prima, ademais de acadar a neutralidade en carbono a nivel de produción, entre outros grandes logros.

Así, para Jealsa, formar parte desta Alianza é un gran paso máis no seu compromiso pola loita contra o cambio climático, a mellora do medio ambiente e o desenvolvemento da economía circular.
R.

Bookmark/Search this post

Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información