Se estrena una nueva edición ampliada y mejorada del Diccionario de pronuncia do galego
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación pública da edición ampliada e mellorada do “Dicionario de pronuncia da lingua galega”, promovido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
No acto de presentación, que tivo lugar no Colexio de San Xerome, tomaron parte, amais do secretario xeral, o reitor da USC, Juan Casares Long; o director do ILG, Ernesto González Seoane, e o coordinador do equipo técnico que desenvolveu o proxecto, o profesor e académico da lingua galega Xosé Luís Regueira Fernández.
“O Dicionario de pronuncia da lingua galega supón un referente no tocante á dimensión oral da lingua e, nomeadamente, a prol da mellora da calidade e do prestixio do idioma propio de Galicia nos ámbitos públicos”, salientou o secretario xeral durante a súa intervención.
O “Dicionario de pronuncia da lingua galega” foi publicado en papel no ano 2010, en edición da Real Academia Galega (RAG), no marco dun proxecto de colaboración entre o ILG e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Un ano despois, en 2011, o ILG-USC e a Consellería de Cultura e Educación renovaron esta colaboración para dotar o proxecto inicial dunha dimensión dixital ampla, coa edición dunha versión electrónica que incluíu por primeira vez a locución do léxico. 60000 pronuncias, gravadas coa colaboración da Compañía Radio-Televisión de Galicia -por medio da Radio Galega- engrosaron a súa funcionalidade e utilidade, tanto a nivel investigador como docente ou profesional.
A nova versión ampliada e mellorada que se presentou constitúe un recurso que ofrece en liña o léxico galego contido no dicionario da RAG achegando as transcricións fonéticas e locucións correspondentes a unhas 68000 formas gravadas. Amais de incorporar as voces máis recentes do dicionario da RAG, o “Dicionario de pronuncia da lingua galega” recolle xa os 1000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1500 apelidos galegos e os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias de Galicia, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros, nunha aplicación informática que permite realizar as buscas por formas fonéticas ou por cadeas de sons. O dicionario engade desta volta voz feminina, a da coñecida xornalista Belén Regueira.
Facilitarlle a aprendizaxe do galego á cidadanía e ofrecerlles un modelo oral de referencia e de consulta aos profesionais do ámbito da lingua, dos medios de comunicación ou das administracións son os obxectivos da ferramenta lingüística, á que se pode acceder de balde en http://ilg.usc.es/pronuncia.
O ILG é un referente de recoñecido prestixio na súa contribución ao desenvolvemento da investigación científica sobre a lingua galega. Os seus traballos arredor da lexicografía, da xeografía lingüística e dialectoloxía, da onomástica, da fonética, da gramática, da sociolingüística e da historia da lingua, supoñen uns recursos imprescindibles que lles dan resposta ás necesidades do conxunto da sociedade.
A nova versión dixital do “Dicionario de pronuncia da lingua galega” enmárcase na liña de traballo desenvolta polo ILG desde a súa constitución, en 1971, para contribuír desde o ámbito universitario ao proceso de codificación do galego e á elaboración da súa variedade estándar. Un labor encetado coa súa participación na publicación das “Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego” (1982) ou do “Vocabulario ortográfico da lingua galega” (2004), que constitúen a base dos dicionarios actuais de lingua galega.
Para apoiar os traballos de investigación do ILG, a Xunta de Galicia e a USC colaboraron durante os anos 1987 e 1991, e a partir de 1994 xa o fixeron ininterrompidamente. En virtude do frutífero labor desenvolvido polo instituto a prol da lingua galega nos últimos 40 anos, a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Ouro de Galicia 2011, a máxima distinción do Goberno galego. Recentemente, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de recoñecer o ILG dentro da súa convocatoria a grupos de referencia competitiva do Sistema Universitario Galego.

R.