Galicia, 6ª comunidad en el ranking de excelencia educativa elaborado por el Ministerio. La Xunta trabaja en el proyecto europeo EUfolio
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con outros 13 socios europeos no desenvolvemento do proxecto europeo EUfolio, unha iniciativa que deriva do grupo TIC e educación do Programa Formación 2020 e Educación, unha rede que inclúe 24 representantes dos Ministerios de Educación da Unión Europea.
Varios centros de ensino galegos estiveron xa a traballar neste proxecto cun modelo piloto co que se pretende experimentar a utilización do ePortfolio en todas as materias apoiada por unha documentación suficiente que sirva como base para implementar e enfatizar os seus beneficios na avaliación do alumnado. Os centros galegos participantes no proxecto son os CPI O Cruce (Cerceda), de Vedra e Alfonso VII (Caldas), e os IES da Pobra do Caramiñal, Faro das Lúas (Vilanova de Arousa), Campo de San Alberto (Noia), Rodeira (Cangas), Fonmiñá (Pastoriza), Leliadoura (Ribeira), Río Miño (Rábade), Fontem Albei (A Fonsagrada), Asorey (Cambados), e Monte das Moas (A Coruña).
A participación da Consellería enmárcase nas políticas de apoio ás novas tecnoloxías xunto coa estratexia transversal do goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores de actividade, recollida no marco de negociación egoberno2013. Nese senso enlaza co programa Abalar que recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación dos nosos nenos na sociedade dixital do século XXI.
Ademais, súmase á habitual participación do departamento educativo da Xunta neste tipo de proxectos europeos. Non en balde, a Consellería participa na convocatoria 2015 nun proxecto de Innovación educativa centralizado dos que só se seleccionaron dous en toda Europa, baixo o título Assessment of Transversal Skills 2020.
Ao abeiro do proxecto EUfolio desenvólvense dúas versións de ePortfolio para empregar nos países socios, así como guías de formación e directrices para a experimentación. Os ePortfolios resultantes do proxecto son espazos de traballo dixitais, dinámicos, do alumnado no que pode plasmar as súas ideas e o aprendizaxe, manexar o seu traballo e compartilo, reflectir sobre o mesmo, poñer metas e mostralo. Estas ferramentas, que os alumnos manexarán co apoio do profesorado, permitirán crear perfís, almacenar arquivos, crear resumos e publicar noticias.
A organización está deseñada dun xeito que se adecúa ás novas necesidades xurdidas polo ensino TIC e as competencias do alumnado. Deste xeito, os alumnos poderán participar en redes sociais e foros de debate dun xeito lúdico e ao mesmo tempo didáctico. A isto hai que engadirlle que os produtos elaborados polos alumnos serán avaliados por eles mesmos e polo profesorado.
Estes modelos piloto xa foron postos en común o 22 de abril en Dublín na conferencia final internacional do proxecto europeo ‘EUfolio’, na que participaron 250 persoas entre os que se profesores e alumnos, entre eles representantes da Xunta, do Ministerio e da Embaixada, entre outras autoridades. A información e documentación sobre o proxecto pódese atopar en http://eufolio.eu/
Proxecto de libro dixital E-DIXGAL
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para que os centro soliciten incorporarase ao proxecto de libro dixital E- DIXGAL, enmarcado no Proxecto Abalar, estratexia para integración das TIC no ensino desenvolvida pola Xunta de Galicia. O obxectivo é que no vindeiro curso 2015/2016 os materiais dixitais, que son totalmente gratuítos para as familias, cheguen a un total de 7.000 alumnas e alumnos de 5ºe 6º de primaria e 1º de ESO.
Poderán participar no procedemento de selección desta nova convocatoria os centros de ensino adscritos á rede Abalar que impartan o vindeiro curso 5º de Primaria ou 1º de ESO. Para solicitaren a súa participación na iniciativa terán que presentar un proxecto no que indiquen as experiencias TIC desenvolvidas no centro, así como os seus obxectivos e logros acadados ata o momento no desenvolvemento da dixitalización do ensino, entre outros factores. Ademais, os centros terán que propoñer a unha persoa coordinadora do E-DXIGAL, preferentemente con experiencia no desenvolvemento de metodoloxías dida´cticas innovadoras, nas TIC e na organización de grupos de traballo.
O prazo para cursar a solicitude estará aberto ata o 12 de xuño. Os requisitos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150511/AnuncioG0164-050515-0002_gl.html
Os contidos didácticos albérganse nunha plataforma de aprendizaxe virtual á que os alumnos poden acceder tanto de xeito online como offline a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias facilitados pola Xunta como a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos. Nesta plataforma, os centros que o desexen, poderán analizar unha mostra dos novos contidos dispoñibles para este curso. No presente curso xa gozan destes materiais un total de 2.300 estudantes de 5º de Primaria de 84 centros educativos de toda Galicia.

R.