Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Novas

  • Agasol e Amtega lanzan a terceira edición do ciclo de conversas con mulleres referentes no ámbito dixital para impulsar as vocacións STEM
    A Asociación Galega de Empresas de Software Libre e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, lanzan a terceira edición do programa 'GIRL STEM: derrubando estereotipos', enmarcado no Plan de Promoción do Talento Dixital, que busca a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino representa un 29% do total de persoas matriculadas. Este ano o programa se transforma nunha acción dixital e pedagóxica para adaptarse ás circunstancias actuais, pero tamén para avanzar cara dinámicas máis eficaces que acheguen recursos cos que traballar de forma transversal nas aulas galegas.
  • O Museo Gaiás achégase ás aulas a través dun programa pioneiro en Galicia de visitas didácticas por videoconferencia
    O Museo Centro Gaiás leva as súas exposicións ás aulas grazas a un programa de visitas didácticas realizadas a través de videoconferencia. A iniciativa ofrece así aos centros de ensino unha alternativa ás saídas escolares programadas, nun momento no que estas se viron limitadas polas actuais medidas de contención da covid-19. O proxecto tira proveito das posibilidades da tecnoloxía para permitir a docentes e estudantes afondar en contidos culturais de primeira orde e gran potencial didáctico, como a exposición Galicia, de Nós a nós, da man do equipo de guías do Museo Gaiás. Este novo programa oferta así unha alternativa ás visitas que o complexo da Cidade da Cultura viña acollendo ao longo do curso escolar, e que as medidas para frear a pandemia impiden que se desenvolva do xeito habitual.
  • Ponse en marcha a aplicación PassCOVID, que ofrece información actualizada, avisos e alertas sobre a situación da crise sanitaria
    A aplicación PassCOVID está xa dispoñible desde hoxe para os dispositivos con sistema operativo iOS e en proceso de publicación para os móbiles con sistema operativo Android, coa previsión de que estea accesible para a súa descarga a principios de semana. De descarga voluntaria, a aplicación pode empregala calquera persoa que que se atope en Galicia, sexa residente ou transeúnte. Conectada directamente co Servizo Galego de Saúde, PassCOVID é un instrumento de apoio á xestión da pandemia e unha canle de contacto telemática cos cidadáns.
  • A aceleradora BFAero presenta as oportunidades do sector aeronáutico galego para captar talento e proxectos innovadores
    Tivo lugar o peche da xornada virtual Oportunidades do sector aeronáutico: Business Factory Aero organizada pola aceleradora do sector aeroespacial Business Factory Aero (BFAero) en colaboración coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade Politécnica de Madrid. A directora da Axencia Galega de Innovación, (Gain), Patricia Argerey, animou aos participantes a presentar os seus proxectos innovadores á terceira edición da BFAero, que pecha o vindeiro 22 de outubro, co obxectivo de converter Galicia nun referente neste ámbito e atraer talento e fomentar o emprendemento nesta cadea de valor con gran potencial de crecemento. Actualmente estanse a desenvolver doce proxectos procedentes de distintos tipos de entidades (centros tecnolóxicos, universidades, así como empresas que xeraron unha spin-out).
  • A Universidade da Coruña e o Clúster TIC poñen en marcha a Cidade das TIC coa licitación do plan director do proxecto e do Centro de Servizos Avanzados
    O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, presentaron nunha rolda de prensa na que participaron o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa da cidade, Inés Rey, as bases da licitación do plan director da Cidade das TIC e do proxecto construtivo do Centro de Servizos Avanzados, o primeiro dos edificios que se porán en marcha. O reitor presentou ademais a páxina web específica do proxecto, que ofrece toda a información da Cidade das TIC e do seu desenvolvemento.
  • Máis do 88% dos fogares galegos teñen Internet contratado, unha porcentaxe que ascende ao 99% se conviven nenos en idade escolar
    O 88,1% dos fogares galegos ten un servizo de Internet contratado, segundo se recolle no estudo A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2019. Esta porcentaxe supón un incremento dun 11,9% respecto ao ano 2016. No mesmo período, Galicia presenta un ascenso superior ao observado a nivel europeo (5,9%) e moi semellante ao crecemento da media estatal (11,6%). Cómpre destacar como a convivencia con nenos eleva, considerablemente, a porcentaxe de contratación de Internet. O 99% dos fogares con nenos e nenas en idade escolar obrigatoria teñen Internet contratado mentres que nos fogares sen menores de 6 a 16 anos a porcentaxe descende ata o 84,7%.
  • Galicia consegue un novo piloto 5G por importe de 9 millóns de euros na segunda convocatoria estatal de axudas para probar esta tecnoloxía
    Galicia suma un novo piloto 5G que permitirá desenvolver 14 casos de uso con esta tecnoloxía na Comunidade. O Ministerio de Economía e Transformación Dixital publicou este mes de agosto a resolución da adxudicación da segunda convocatoria de axudas para probar esta tecnoloxía que outorga ao operador Orange unha axuda pública de 9 millóns de euros para realizar un piloto 5G que abrangue 14 casos de uso destas redes sen fíos. Trátase do segundo proxecto de maior importe dos oito concedidos en España nesta nova convocatoria.
  • Miles de asistentes en liña de todo o mundo únense á Conferencia Europea en Intelixencia Artificial
    Por primeira vez no seu medio século de historia, a Conferencia Europea en Intelixencia Artificial, un dos congresos científicos máis importantes do mundo no seu ámbito, desenvólvese como un evento dixital e en aberto. O encontro, organizado pola USC a través do seu Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), conta con miles de asistentes dos cinco continentes. En total, serán máis de 300 horas de contidos entre o 29 de agosto e o 8 de setembro. O principal foro europeo sobre investigación en Intelixencia Artificial (IA) celebrarase por primeira vez como un evento completamente dixital, pero coa cidade de Santiago como pano de fondo.
  • Galicia comunícalle ao Ministerio de Sanidade a súa adhesión á aplicación estatal de rastrexo 'Radar Covid'
    O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle está mañá ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, a vontade de Galicia para adherirse á aplicación de rastrexo “Radar Covid” que desenvolve o Goberno central. O responsable galego de Sanidade apuntou que a aplicación de rastrexo estatal engadirase ao sistema “Passcovid”, que neste intres está a testear na súa fase piloto a Xunta de Galicia, e que será completamente interoperable coa app estatal. Por medio dunha carta, o titular do departamento sanitario da Xunta Galicia, trasladoulle ao Ministro de Sanidade que a comunidade galega sumarase ao novo sistema de rastrexo e control a covid-19 -Radar Covid-, que vén desenvolvendo nos últimos meses o goberno de España.
  • As empresas de telecomunicacións aglutinan preto do 39% das mulleres do hipersector TIC
    Durante 2019 o número de mulleres traballadoras no Hipersector TIC, integrado polos sectores tecnolóxico e de contidos, foi de 8.119, un 33,4% dos empregados no sector. Dentro do hipersector, o sector contidos é o ámbito no que as mulleres contan cunha maior representación, un 41,5%, mentres que no sector TIC a porcentaxe é do 31,1%. Desagregando o Sector TIC as actividades relacionadas coas telecomunicacións son as que contan cunha maior porcentaxe de mulleres cun 38,9%; en segundo lugar atoparíanse as empresas dedicadas ás Actividades Informáticas, cun 30,4%.
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información