Novas
-
A conferencia Fondos Europeos: Miño e Galicia, organizada pola Confederación empresarial da Rexión do Miño, (ConfMinho), celebrada hoxe en Braga amosou que os empresarios e os axentes políticos de Galicia e o Norte de Portugal están decididos a aproveitar ao máximo, e en total sintonía, as oportunidades que ofrece para a Eurorrexión o novo marco financeiro plurianual 2021-2027. En concreto, os relatores apostaron polo tren de alta velocidade e a transición dixital, se ben coincidiron tamén á hora de pedir unha maior cohesión territorial na Eurorrexión.
-
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello a activación dun 4º Plan de rescate cos 134 M€ sobrantes da convocatoria anterior, que recollerá as últimas modificacións introducidas polo Goberno central co obxectivo de que os cartos cheguen a quen máis o precisa. A este respecto, Feijóo explicou que foron os problemas burocráticos derivados dos requisitos impostos polo Goberno no reparto das axudas do 3º Plan de rescate os impediron que esa cantidade fose distribuída.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 11,6 millóns de euros para poñer en marcha a primeira fase do Polo de Tecnoloxías Cuánticas con aplicacións na medicina, biotecnoloxía, aeronáutica ou telecomunicacións. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que esTENOta primeira fase permitirá despregar as infraestruturas necesarias, do polo, como: un simulador e un computador cuántico; un sistema de computación de altas prestacións; e un sistema de almacenamento exclusivo para computación cuántica que estará no Centro de Datos do Cesga.
-
O Polo Aeroespacial de Galicia é un dos proxectos tractores que recolle a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, que podería chegar a mobilizar 540M€. De feito, é xustamente co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) con quen a Xunta ten aberta neste momento a licitación para dotar as instalacións de Rozas dun entorno de simulación avanzado de xestión do tráfico aéreo. A Axencia Galega de Innovación (Gain) xa recibiu un total de dez propostas para ser novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos.
-
Alberto Núñez Feijóo avanzou que a Estratexia Educación Dixital 2030, que contará cun investimento de 120 millóns de euros para os primeiros tres anos de aplicación, permitirá acadar un ecosistema educativo de alto rendemento e a transformación nas aulas. Esta iniciativa estará sustentada no desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e no perfeccionamento de competencias para acadar unha verdadeira transformación dixital.
-
Máis dun millón de likes en stories, vídeos e publicacións, máis de 800.000 reproducións dos clips de vídeo que foron subindo ás súas redes, máis de 300 stories cunha media de alcance superior ás 270.000 persoas entre os catro instagrammers, máis de 3.000 comentarios,… son algunhas das cifras que suma a iniciativa Instagrammers no Camiño, que tivo continuidade nas redes sociais despois de que os catro protagonistas remataran a súa experiencia, que os levou entre o 8 e o 11 de xullo polo Camiño Portugués.
-
A Axenda Dixital Galicia 2020 logrou os seus obxectivos dunha maior dixitalización da sociedade, un maior impacto socio económico e a creación de oportunidades. Neste sentido, en todo o período 2015-2020 a interacción das persoas de Galicia coa Administración por medios electrónicos foi superior á media de España e da Unión Europea. As xestións en liña representan xa o 78 % das interaccións coas administracións en Galicia. Rexistrouse tamén un incremento significativo no uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), sobre todo nos grupos de maior idade. A evolución das persoas que declara ter usado internet nos últimos 3 meses foi tamén superior á media estatal e europea.
-
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Plan de Acción en Software Libre 2021, que recolle diferentes actuacións co obxectivo de fomentar e promover o uso e reutilización de software libre na administración pública, o impulso dunha oferta de solucións libres e de calidade para as nosas empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade. Como xa vén sendo habitual, unha parte moi importante destas actuacións desenvolveranse en colaboración dos principais axentes do ecosistema de software libre galego. Así asináronse convenios coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); coas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL); e co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas.
-
As mozas e mozos galegos poderán activar o Carné Xove tamén por vía electrónica. A Xunta de Galicia habilitará un formulario na rede para que aqueles que reciben a tarxeta por primeira vez e non poden desprazarse para activala, poidan facelo desde a súa casa. De igual xeito, os 36 puntos de activación presenciais seguirán dispoñibles. A Xunta de Galicia está a enviar aos máis de 400.000 mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos esta tarxeta de xeito gratuíto aos seus fogares. Aqueles que con anterioridade ao envío xa tiveran o carné, simplemente recibirán un novo coa imaxe actualizada da tarxeta e xa estará listo para utilizar. Aqueles que non tiñan Carné Xove deberán activalo, ben nalgún dos 36 puntos habilitados en toda a Comunidade ou ben por vía electrónica.
-
A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 mobilizará máis de 330 millóns de euros e xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 millóns. Este programa aliñará as necesidades económicas de Galicia coas capacidades de investigación e innovación e coas necesidades do sector público e privado. Isto implica, explicou o presidente da Xunta, que “promoverá o uso da intelixencia artificial en sectores clave da economía galega, mellorará a prestación de servizos como a sanidade ou a política social, potenciará o patrimonio cultural e o turismo, e apoiará ás pemes galegas nos seus procesos de transformación dixital”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »