Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Novas

  • O Hub Datalife impulsará o valor de Galicia como biorrexión europea de referencia
    O Hub Datalife conformará unha rede conectada de coñecemento, infraestruturas ou tecnoloxía, entre outros, para situar no seu núcleo a Intelixencia Artificial (IA) e a analítica de datos, e que ten como ámbitos de aplicación a bioeconomía, a sustentabilidade e a saúde. Máis de sesenta entidades, entre empresas, asociacións e outros centros de coñecemento, integran esta asociación que será presentada nun acto público no mes de xaneiro, e que aspira a impulsar o valor de Galicia como biorrexión europea de referencia. Ás tecnoloxías nucleares do Hub engádeselles de xeito natural a Internet das cousas, a computación de altas prestacións e a ciberseguridade.
  • Un consorcio europeo liderado pola USC converterá o CO2 en biocombustible verde
    O proxecto europeo Bac-To-Fuel, coordinado polo profesor da USC Manuel Arturo López Quintela, desenvolverá unha planta prototipo que producirá biocombustible avanzado mediante o uso de bacterias xeneticamente melloradas para converter o CO2, xunto con hidróxeno renovable, nun biocombustible renovable e respectuoso co medio ambiente. López Quintela pertence ao grupo de investigación NANOMAG. O proceso consta de dúas fases, que conforman unha “folla biónica”, que imitará a fotosíntese. No primeiro paso do proceso, utilizaranse nanomateriais innovadores (Atomic Quantum Clústers, ou AQCs) para imitar o proceso natural da fotosíntese mediante o uso de luz solar directa e augas residuais, para obter hidróxeno renovable.
  • A rede de aulas CeMIT prevé superar os 96.000 usuarios o vindeiro ano
    Celebrouse hoxe unha Xuntanza de Dinamizadores CeMIT baixo o lema “Traballando no Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020”, destinada aos axentes TIC da Rede de Aulas CeMIT de toda Galicia, que tiveron a oportunidade de expoñer os seus proxectos e intercambiar ideas. Dende os seus inicios en 2011, a Rede CeMIT planificou máis de 370.000 horas de formación en TIC en diferentes niveis e, actualmente, conta con máis de 90.400 usuarias e usuarios rexistrados. Ao longo de 2020 está previsto superar os 96.000 usuarios e realizar máis de 35.000 horas de formación e 2.500 actividades. Cabe destacar o incremento no acceso a internet entre os maiores de 55 a 64 anos, que creceu 15 puntos, só no último ano.
  • O sector do videoxogo en Galicia pide paso na Culturgal 2019
    A décimo segunda edición de Culturgal conta cun convidado que até o momento só asomara o nariz en anos anteriores. O sector do videoxogo é unha das presenzas novidosas desta Culturgal, que se desenvolve do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Na tarde do venres 29 a I Xornada do Videoxogo quere cimentar un espazo común no que atoparse entre si no sector e atoparse co público. Un foro aberto a todas as persoas interesadas. No recinto feiral, empresas e proxectos destacados expoñen o traballo ao redor do videoxogo en Galicia: stands, demos e presentacións dirixidas a todas as idades. Na 12ª Culturgal, a programación inclúe ademais o sábado 30 e o domingo 1 obradoiros de robótica dirixidos a público infantil.
  • A Axenda Industria 4.0 destinará 350 millóns de euros ata 2022 para impulsar o tecido empresarial galego
    A Axenda Industria 4.0 e un proxecto da Xunta de Galicia que pretende anticiparse aos cambios previstos na economía global e conectada, favorecendo ao tecido empresarial galego, aumentando o tamaño das empresas, apostando polo talento dixital, e contribuíndo á reinvención e especialización tecnolóxica da industria galega. A Xunta de Galicia destinará durante os próximos catro anos (2019-2022) 350 millóns de euros para o desenvolvemento deste programa. Favorecerase a creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900 millóns ata o ano 2022, para impulsar un novo tecido empresarial competitivo.
  • O programa Comercio 360 destina 5,7 millóns de euros a mellorar a competitividade do comercio local galego
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de poñer en marcha a iniciativa Comercio 360, que ten como obxectivo mellorar a competitividade do comercial local, poñendo sempre ao consumidor final no centro de todas as decisións. Trátase de responder aos cambios que os novos hábitos e a dixitalización están introducindo no sector, adaptándose ás novas necesidades de demandas. A diferenciación e a especialización hanse acadar a través de elementos fundamentais coma a aposta polo produto local, a sustentabilidade e a economía circular, a responsabilidade social ou o deseño. Cunha proxección a tres anos (2019-2021), Comercio 360 conta con orzamento de 5,7 millóns de euros en 2019 para avanzar na dixitalización como medio para mellorar a experiencia do cliente.
  • Galicia acolle a Vanguard Initiative para promover a cooperación interrexional na fábrica intelixente e a dixitalización
    A Vanguard Initiative for New Growth through Smart Specialisation, na que participa Galicia dende 2015, é unha alianza integrada por 35 rexións das máis industrializadas de Europa co obxectivo de impulsar o crecemento económico e social mediante a cooperación en proxectos de innovación industrial, en ámbitos prioritarios para Europa en base ás Estratexias de Especialización Intelixente das rexións incluídas. O seu traballo articúlase arredor de cinco áreas temáticas que teñen como obxectivo demostrar que a colaboración interrexional baseada na especialización intelixente en certas áreas é un valor engadido para favorecer o crecemento, e así influír na axenda de política industrial Europea, dándolle maior relevancia ao papel das rexións.
  • Pecha o programa TechKids cunha xornada de obradoiros de programación, pilotaxe de drons e realidade virtual
    O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizarán o vindeiro domingo a xornada final do programa “TechKids”, talleres sobre programación, robótica, drons e animación 3D celebrados durante o verán nas Aulas CeMIT de Galicia. A actividade, enmarcada no Programa de Promoción do Talento Dixital de Galicia, está destinada a estimular o talento precoz no ámbito das tecnoloxías da información e comunicacións, así como fomentar o atractivo vocacional de profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova. A organización ten prevista a participación de aproximadamente un centenar rapaces e rapazas de 10 a 17 anos.
  • Presentado desde a cidade de Lugo o proxecto Newton, que da man de empresas como Boeing e First Scandinavia percorrerá toda Europa
    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ás aulas Newton como a constatación do compromiso de Galicia coa innovación e o sector aeronáutico que permitirá a máis de medio millar de estudantes da provincia de Lugo alimentar a súa vocación tecnolóxica. Durante o lanzamento do proxecto desde a cidade de Lugo, e que percorrerá toda Europa, Feijóo agradeceu o compromiso de empresas –Boeing e First Scandinavia- e administracións -do Concello de Lugo, da Consellería de Educación e da Consellería de Economía- que fixeron posible que esta iniciativa se consolidase, situando a Galicia como un destacado axente educativo.
  • Clausúrase CyberSec@GAL, primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital
    O evento CyberSec@GAL, que arrincou o luns con xornadas dirixidas a estudantes, clausurouse na Cidade da Cultura de Santiago cun programa centrado na ciberseguridade nas empresas. Inauguraron a xornada o Director de Empresas de R e do Grupo Euskaltel, o Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e máis a Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Expertos nacionais e internacionais trataron temas coma a estratexia nacional de seguridade e a ciberseguridade na transformación dixital e na peme para superar, desta volta, a falla de recursos e minorar riscos. Promoven este primeiro encontro galego sobre cibersegurirade a Cátedra R en Ciberseguridade (iniciativa das Universidades da Coruña e Vigo e máis R) e o CPEIG.
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información