Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Novas

  • Preto do 89% dos fogares galegos ten contratado internet, un 7,5% máis que hai un ano
    Preto do 89% dos fogares galegos ten contratado Internet, o que supón un incremento do 7,5% con respecto ao ano 2018, superior ao crecemento do conxunto do Estado (5,8%) e o maior rexistrado desde 2016. O crecemento máis importante prodúcese nos concellos galegos con menor poboación, os de menos de 10.000 habitantes, nos que os fogares conectados pasan dun 74,6% a un 81,2%. Nos espazos urbanos o crecemento na contratación de Internet e da banda larga é superior á do conxunto do estado. Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2019 e analizados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).
  • Un total de 450 alumnos de 21 centros educativos públicos participarán na Semana STEM a partir deste domingo
    21 centros seleccionados participarán este outono na Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), da que tomarán parte un total de 450 alumnas e alumnos (un máximo de 25 por centro) esta semana, cando arrinca a primeira quenda de estadías. Este campamento de innovación educativa está dirixido a rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. O obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro.
  • Nace a campaña 'Máis mulleres informáticas' para fomentar as vocacións TIC femininas
    O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pon en marcha unha campaña de sensibilización para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre as mulleres. A campaña, enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital. A peza principal da campaña é un vídeo de 40”, que se completa con tres colas de 20”, orientado a combater estereotipos e visibilizar as capacidades das mulleres para os estudos de Informática. O vídeo pecha co claim “Máis mulleres informáticas, programadas para que nada nos pare”.
  • A party informática XGN R Encounter arranca con cerca dun millar de inscritos e o dobre de velocidade de conexión
    A party informática XGN R Encounter pon en marcha mañá a súa décimo novena edición, e faino superándose unha vez máis tanto en cifra de inscritos como en conectividade e número e calidade das súas propostas. Será preto dun milleiro de inscritos, fronte aos preto de 900 da pasada edición, os que tomen parte do evento na súa zona ‘Intranet’, o que supón un 12% máis. Estes dispoñerán dun posto para o seu equipo informático con dereito a acampar no interior do pavillón e tamén a gozar dun amplo programa de propostas e torneos exclusivos. Aprendizaxe, intercambio de experiencias e diversión serán os eixos dunha cita á que acoden tanto afeccionados como profesionais da informática, o lecer electrónico e as novas tecnoloxías.
  • A Cidade da Cultura albergará no 2020 o centro Gaiástech, un espazo de demostración e experimentación en tecnoloxías disruptivas
    O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura acollerá no segundo semestre do 2020 o Centro GaiásTech, un espazo de demostración e experimentación en tecnoloxías disruptivas, que ofrecerá ao ecosistema dixital galego unha ampla carteira de servizos para facilitar o seu posicionamento nas tendencias tecnolóxicas da vindeira década. O GaiásTech exercerá, ademais, o papel de coordinador da Rede de Nodos de especialización tecnolóxica de Galicia, a través dos que se desenvolverán modelos de colaboración público-privados para impulsar as tecnoloxías dixitais de máis impacto: 5G, Intelixencia Artificial, Big Data ou Ciberseguridade.
  • Un total de 79 centros públicos desenvolverán este curso o programa Biblioteca creativa
    Os centros públicos de infantil e primaria de nova incorporación recibirán os materiais necesarios para a construción dun mínimo de catro Escornabots, así como outros materiais precisos para a posta en marcha da iniciativa. Os Escornabots son pequenos robots construídos sobre Arduino, a plataforma de robótica máis estendida a nivel educativo e profesional, cunha ampla comunidade de persoas usuarias e desenvolvedoras, o que facilita o acceso a unha importante base de documentación para os proxectos que se realicen nas bibliotecas.
  • A segunda convocatoria da aceleradora BFAero seleccionará seis novos proxectos innovadores para seguir impulsando o sector aeronáutico
    As empresas e startups do sector aeronáutico de toda España que teñan unha idea innovadora para o uso de vehículos non tripulados (aéreos e mariños) poden presentarse a este programa, que conta cun importante apoio de entidades públicas e empresas multinacionais de referencia como Indra e Babcock. Así, BFAero ofrece aos seus proxectos acelerados un completo plan para o desenvolvemento e lanzamento do seu produto ou servizo no mercado local, nacional e internacional, cunha duración de 24 meses para a etapa de incubación e de 12 meses para a de aceleración.
  • A Amtega pon en marcha unha nova edición do Plan DigiTalent con 36 iniciativas para o curso 2019/2020
    Para motivas e potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, este curso desenvolveranse 9 iniciativas diferentes, que posibilitarán que máis de 1.600 nenos e nenas en idade escolar participen talleres e actividades ludico-formativas en torno á robótica, o uso seguro de internet ou desafíos tecnolóxicos. Ademais, levaranse de novo ao centros educativos charlas e actividades divulgativas para achegarlles aos máis novos o interese polos estudos científico-tecnolóxicos, prestando especial atención ás nenas, ofrecendo máis de 900 prazas. Neste eixo cabe destacar o a posta en marcha este curso do programa da Fundación Vodafone “DigiCraft no teu cole”.
  • O proxecto Sealab presenta os seus avances no deseño dun laboratorio portátil para analizar a calidade da auga
    O proxecto Sealab, que comezou en 2018 e se desenvolverá ata setembro de 2020, está liderado pola empresa galega Indrops Laboratorio, xunto a Industrias Ferri, Imatia Innovation, e coa participación do INL (International Iberian Nanotechnology Laboratory) e a Unidade de Tecnoloxías Mariñas do Centro Tecnolóxico do Mar. O Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) busca desde hai ano e medio cos seus socios do proxecto Sealab o xeito de mellorar os servizos de análise de determinadas substancias prioritarias nas augas interiores e, con ese obxectivo, está a traballar no desenvolvemento dun innovador sistema de medición da calidade da auga. A finalidade é desenvolver un laboratorio portátil que incorpora nanosensórica.
  • Premiado a nivel internacional un traballo do CiTIUS que fusiona dúas técnicas de Intelixencia Artificial
    A Asociación Internacional para os Sistemas Difusos (IFSA, polas súas siglas en inglés) vén de conceder un dos tres premios internacionais IFSA Journal Best Paper Award a un traballo desenvolvido integramente no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, no que os científicos deste centro abordan o papel das descricións lingüísticas de datos na construción de sistemas de xeración de linguaxe natural. Os responsables da IFSA (unha federación de asociacións formada por 16 sociedades científicas mundiais do ámbito da intelixencia computacional) concederon o premio en recoñecemento ao desenvolvemento deste traballo para facilitar a interacción entre investigadores en Xeración de Linguaxe Natural e Intelixencia Computacional.
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información