Novas
-
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, compareceu hoxe no Pleno do Parlamento para presentar a nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia ata 2027, que sitúa a sustentabilidade, a innovación e as persoas como os eixes das políticas de I+D+i da Xunta cunha mobilización extraordinaria de fondos de case 5000 M€ de investimento público-privado. Na súa intervención Conde explicou que, con respecto á anterior RIS3 (2014-2020), esta nova estratexia crece tanto en obxectivos como en recursos por exixencias do contexto de transformación enerxética e dixital que apremia a facer unha aposta aínda maior pola I+D+i.
-
O Nodo Galego de Ciberseguridade pon en marcha o ciclo de actividades de formación, concienciación e orientación para o tecido empresarial galego. En total, están previstas unha vintena de actividades que se desenvolverán ao longo deste primeiro semestre do ano, cunha periodicidade aproximada dunha á semana. O ciclo comeza o vindeiro mércores 27 de abril cunha sesión formativa organizada grazas á participación de Altia e a colaboración da Fegamp. Esta actividade componse dunha sesión inicial cun enfoque informativo onde se exporá a actualidade respecto da normativa de protección de datos, e terá continuidade nunha segunda sesión de carácter práctico e dinámico, programada para o 3 de maio.
-
As competencias dixitais da cidadanía galega seguen a mellorar segundo os datos que ven de publicar o Instituto Nacional de Estatística. En 2021 aumentou nun 18,2% a poboación Galega que dispón de como mínimo habilidades dixitais básicas, que chegou ao 61,6%. Entre os internautas, Galicia ocupa o sexto lugar nas Comunidades Autónomas con máis proporción do poboación con habilidades básicas ou avanzadas. Unicamente o 1,4% da poboación Galega non tiña habilidades dixitais en 2021, un punto menos que a media, e ocupando o segundo lugar no Estado. O INE ven de publicar as estatísticas de habilidades dixitais a partir da enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares da edición 2021.
-
O polo desenvolverá unha etapa de aceleración intensiva con consultarías individuais, grupais e accións de mentorización en eidos tanto tecnolóxicos como de márketing, dereitos ou financiamento, entre outros. Tamén está prevista a organización de diferentes xornadas de innovación, dun evento final de presentación de proxectos e dun programa para a xestión da mobilidade internacional, así como unha consultaría de seguimento. Poderán optar a ser entidades colaboradoras entidades asociativas con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro, que conten con experiencia no ámbito dos videoxogos e, en concreto, na organización de actividades de difusión deste sector en Galicia.
-
Galicia amplía a 52,3 millóns de euros os fondos destinados á licitación de Compra Pública Precomercial para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos cos que desenvolver o novo programa de I+D no Polo Aeroespacial de Galicia. Aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos, súmanse os 12,34M€ obtidos do Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade do Ministerio de Ciencia e Innovación -ligado ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea- para o desenvolvemento dun programa destinado á monitorización e observación da biodiversidade no que se utilizarán sistemas aéreos e mariños non tripulados para a captura de datos.
-
O uso problemático de Internet e das redes sociais afecta a un de cada catro adolescentes en GaliciaUn de cada catro adolescentes en Galicia usa de forma intensiva e sen supervisión Internet e as redes sociais; ademais, un de cada cinco podería 'ter un certo enganche' aos videoxogos, segundo o informe que presentou este martes 8 de febreiro UNICEF Comité Galicia, coa colaboración da USC e do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII), baixo o título 'Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia en Galicia. Relacións, Riscos e Oportunidades'. O estudo recolle as opinións de máis de 3.000 adolescentes de 19 centros de Ensino Secundario Obrigatorio de Galicia, dos que o 90,8% conéctase a Internet todos ou case todos os días.
-
A nova RIS3 terá como cometido o fortalecemento do ecosistema galego de I+D+i, buscando a transferencia do coñecemento ao mercado, captando e retendo máis talento, e posicionando a Galicia como un referente a nivel estatal e europeo. Así, a nova RIS3 está concebida como unha estratexia transversal e multicompetencial para fortalecer e completar as cadeas de valor dos sectores estratéxicos galegos e impulsar a súa circularidade. O investimento en I+D na Comunidade medrou un 34,4%, máis de 10 puntos por riba da media nacional (23%), conseguindo o nivel máis alto (641,7 millóns de euros). Ademais, a innovación galega medrou case o dobre do ritmo da media española desde 2014.
-
As contas públicas de Galicia para o ano 2022 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos son os máis altos da historia da comunidade e ascenden a 11.627 millóns de euros para pasar da reactivación á recuperación económica e reforzar o crecemento san. En materia de política fiscal, os presupostos do vindeiro ano inclúen novas rebaixas de impostos no IRPF, no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) e no Imposto de Patrimonio que se suman a todas as aprobadas nos últimos anos. A Xunta leva aprobadas tres rebaixas na tarifa autonómica do IRPF en oito anos -2014, 2016 e 2022- co que as rendas máis baixas pagarán no ano 2022 un 22% menos de IRPF que no 2009.
-
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director Xeral do Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), Carlos Calvo, asinaron un acordo para a cesión dun espazo na Cidade das TIC para a creación dun Centro de Excelencia en Investigación e Desenvolvemento de referencia internacional no ámbito da Intelixencia Artificial e as TIC orientadas ao desenvolvemento dos Sistemas Aéreos Non Tripulados (drons), denominado Galaxy-lab. 'Con este acordo de cesión complétase un longo período de colaboración entre ITG e a UDC', explicou o reitor, engadindo que o convenio asinado hoxe “reforzará ás dúas institucións” e remarcou a importancia deste día no avance do proxecto da Cidade das TIC. Para o director de ITG, o acordo de hoxe “abre un novo período” na relación entre a ITG e a UDC e confirma “o total apoio de ITG á Cidade das TIC”.
-
A biblioteca da antiga Fábrica de Armas da Coruña acolleu o acto de firma do Convenio para a elaboración do Plan Director e Constitución da Estrutura de Cogobernanza da Cidade das TIC que asinaron a alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey García; o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, en calidade de presidente do Igape; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso; o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e o reitor da UDC, Julio Abalde.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »