Cultura, Arte e Artesanía
Aldeas Galegas |
Reportaxes sobre aldeas de Galicia, as súas tradicións e eventos que se veñen realizando. |
|
Aquela nena de Sarria... |
Este proxecto do Colectivo Egeria pretende saber algo máis de Xela Arias, aquela nena sarriá que levaba a escrita no sangue, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2021. |
|
Biblioteca do Seminario de Lugo |
A Biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo constitúe, sen dúbida, un dos bens culturais de maior relevancia da provincia de Lugo. Conta cuns 100.000 exemplares de notable calidade e valor bibliográfico. |
|
Bienal Pintura Eixo Atlántico |
Bases e formulario de inscrición para a XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico (2015-2016). |
|
Certame de Vilalba |
O Certame Literario de Vilalba é un certame de poesía en galego, que naceu no ano 1975 e se celebra cada 24 de agosto no Concello de Vilalba (Lugo). Está dotado de dous premios de 3.000 e 1.000 euros para os mellores poemas inéditos escritos en lingua galega. |
|
Clube Cultural Valle-Inclán |
O Clube Cultural Valle-Inclán é unha asociación lucense que ten como obxectivo o fomento e impulso da cultura a través de actividades de cine-clube, teatro, música e toda clase de actividades que poidan ter un efectivo interese para os fins sinalados. |
|
Cultura Galega |
A cultura galega en Internet con máis de 400 galerías de artista, integrada na plataforma www.glaiciadigital.com. |
|
Don Uxío García Amor |
Don Uxío García Amor é sacerdote da Diocese de Modoñedo-Ferrol. Ordenado en 19 marzo 1953. Estudiou Humanidades no Seminario de Mondoñedo. Licenciado en Filosofía e Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma. Licenciado en Ciencias Bíblicas no Instituto Bíblico de Roma. |
|
Estruga |
María Xosé Martínez é unha artesá que traballa con vexetais e materiais naturais para realizar cadros, caixas, marcos e lámpadas. Ademáis, a súa especialidade é o secado de ramos de noiva, que pode presentar tamén en vitrina ou en cadro. |
|
Las Muñecas de Teté |
Web desta artesá de Lugo que fai todo tipo de bonecas e broches con fieltro. Dispón tamén de tenda on-line. |
|
Lugopoética |
Lugopoética 2024 celébrase no primeiro semestre de 2024 co apoio da Uned-Lugo e a Xunta de Galicia, e a coordinación de Egeria. Son 6 encontros de poetas consagrados/as e noveis para contrastar a súa obra, homenaxear aos veteranos e potenciar a carreira dos novos creadores. |
|
Manuel Rodríguez López |
Esta web pretende difundir a obra de Manuel Rodríguez López, emigrante galego e poeta obreiro. Fillo predilecto de Paradela (Lugo), home bo e xeneroso. Forma parte dun proxecto que se complementa cunha exposición itinerante e con varias publicacións en papel. |
|
Maragatos de Lugo |
Hai 141 anos a familia Pérez-Carro, maragatos de León, aséntase fronte á Porta Toledana da Muralla lucense. Ao cumprirse os 40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, os seus descendentes poñen en marcha esta web para investigar na historia da familia. |
|
Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) |
Web do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, con ampla información sobre as exposicións e actividades que se desenvolven nas súas instalacións en A Coruña. |
|
Museo de Belas Artes de A Coruña |
A colección do Museo de Belas Artes da Coruña abrangue un bo número de pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado, artes decorativas e arqueoloxía. |
|
Museo Virtual Egeria |
Plataforma web que ofrece unha visita virtual ás distintas exposicións que o Colectivo Egeria vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos, dedicadas a diversos temas relacionados coa Cultura galega. |
|
O Sorriso de Lilí |
Cando hai un ano que Araceli Herrero Figueroa, fisicamente, nos deixou, un grupo de incondicionais seus quixemos plasmar nesta web e no libro "O sorriso de Lilí" as impresións máis inmediatas, case repentinas, que o seu pasamento nos fixo expresar. |
|
Os nove anos de Fraguas en Lugo |
Web do proxecto "Os nove anos de Fraguas en Lugo", sobre o tempo que Antonio Fraguas pasou como mestre no Instituto Masculino de Lugo, desenvolvido por GaliciaDigital e o Colectivo Egeria co gallo do Día das Letras Galegas 2019. |
|
Pedro Rubal |
Web en homenaxe a Pedro Rubal Pardeiro, profesor e escritor nado en Alfoz (Lugo), que recolle o máis destacado da súa traxectoria vital e toda a súa creación literaria e filosófica. Un proxecto do Colectivo Egeria. |
|
Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía |
O Concello de Guitiriz, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, convoca anualmente o Premio Xosé María Díaz Castro de poesía. A dotación do premio é de 2.000 € e a publicación da obra gañadora. |
|
Sabela Arias |
Ilustración, pintura, gravado, deseño, uso do espazo, podemos dicir que a Sabela Arias Castro non lle importa nin a técnica nin o formato, que varía constantemente, a súa obra é una búsqueda de sensacións cromáticas puras. |
|
Semana Santa de Lugo |
A Xunta de Cofradías de Semana Santa de Lugo, amosa información sobre a historia da semana Santa na cidade, procesións, actos, novas, publicacións... |
|
Teleclub de Bazar |
Este proxecto nace para celebrar dous aniversarios ben importantes en Bazar (Castro de Rei, Lugo): os cincuenta anos da creación do seu teleclub en 1968, e os cen anos da construción da sua igrexa parroquial. Esta web está baseada nun traballo realizado por Xulio Xiz. |
|
Valín Libros |
Libraría lucense que ofrece na súa tenda online un catálogo de máis 10.000 libros antigos e de segunda man. |
|
Xabier Vila-Coia |
Web persoal do escritor Xabier Vila-Coia, que recompila a súa obra literaria e audiovisual, así como información sobre moitas outras actividades desenvolvidas polo autor. |
Yolanda Castaño |
Web persoal da escritora galega Yolanda Castaño. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11