Normas Xerais
IMPORTANTE: Se desexa que teñamos en conta a súa Alta, lea por favor estas normas:
Antes de realizar a alta, verifique que non exista xa na nosa bbdd.
As Webs rexistradas en websgalicia deben ser Webs locais de Galicia ou Webs de temática Galega.
Só clasificamos dominios propios. Por exemplo www.dominio.com/loquesea non sería aceptado, pero www.loquesea.com si. Agás os subdominio de aloxados nos nosos servidores, www.galiciadigital.com/loquesea, pois se entende que os primeiros poden modificar a dirección (URL) sen informarnos ( fallarían os enlaces) e dos segundos se o controlamos
Non se aceptan Webs con contidos eróticos ou publicidade da mesma natureza.
Non aceptaremos entradas con contidos tipo "Gaña diñeiro", produtos milagre, "Dialers" e/ou contidos ilegais en España.
A URL non pode conter index.htm ou similar (para evitar duplicados): www.loquesea.com é válido, pero www.loquesea.com/index.asp non
Non aceptamos os dominios TK nin WS.
Este directorio está especializado en sitios web (páxinas), por esta razón non se admiten altas correspondentes a outros servizos de Internet (ftp, WAP, news...).
Só se admite unha dirección por cada sitio web. Isto quere dicir que non se aceptarán redireccionar, mirrors, parciais ou altas correspondentes a seccións dunha páxina.
As altas realizaranse na/s categoría/s máis concretas (de menor nivel) relacionada/s cos contidos da páxina.
O uso de maiúsculas e carácteres especiais no título e descrición axustaranse ás normas xerais de ortografía.
O título e descrición deben ser informativos do contido do sitio web, non admitíndose xuízos de valor.
A páxina deberá ter contidos e entidade propios. Non se terán en conta as solicitudes correspondentes a webs que se limitan a ser soportes publicitarios, listas de enlaces, ou páxinas estándar dun servizo de aloxamento.
A páxina deberá existir e ser estable, polo que non se admitirán as altas correspondentes a webs relacionadas con feitos puntuais, ou en construción.
Non se aceptará ningunha alta de webs con contido ilegal, que promova ou apoie actividades ilegais, ou que publicite ou venda produtos que non conten co permiso da autoridade competente.
Websgalicia resérvase o dereito de descartar as propostas de alta por calquera motivo que considere oportuno.
Grazas por respectar as nosas normas e Condicións de Uso
WebsGalicia é un servizo de Interdix Galicia, S.L.
- Todos os dereitos reservados-