Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (turismo-maria-pita.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), vén de facer públicos hoxe os datos relativos á conxuntura turística en Galicia nos dous primeiros meses do ano que indican que un total de 436.282 viaxeiros se aloxaron en establecementos da comunidade, rexistrando un crecemento do 3,6% e facendo 781.884 noites, isto é un 1,9% máis que no mesmo período de 2024. Os datos indican un crecemento significativo no segmento de aloxamento extrahoteleiro (apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues) do 14,3% en viaxeiros e do 13,5% en noites, con respecto a xaneiro e febreiro de 2024.No que atinxe ao comportamento rexistrado só no mes de febreiro, continúa a ser efectiva a política de desestacionalización da Xunta de Galicia ao contabilizar 235.006 viaxeiros e un incremento do 3,1% nese mes con respecto a 2024.

Opinión

OpinionA tradutora Teresa Barro (A Coruña, 1936) é tamén un dos referentes do feminismo galego e, sen dúbida, singular e dificilmente encasillable por un exercicio intelectual sen ataduras e marcado por unha ofensiva permanente contra o canon, sexa este de dereita ou de esquerdas. Iso explica, en derradeiro termo, un certo...
Ríos, Xulio

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O Nodo CIBER.gal anunciou a posta en marcha dun ciclo de actividades de sensibilización e capacitación dirixidas ao tecido empresarial de Galicia, que é o resultado da implicación de máis de 30 entidades vinculadas a esta estrutura de colaboración público-privada promovida polas Xunta de Galicia. O ciclo, que desenvolverá unhas 20 actividades ata xuño deste ano, foi deseñado polo grupo de traballo de Empresas do Nodo co obxectivo de consolidar a Galicia como un referente en ciberseguridade e garantir unha contorna dixital segura. As actividades centraranse en sensibilizar e capacitar ás empresas de Galicia en prácticas e coñecementos sobre a materia.

Notas de Galicia

Entre os días 2 e 11 de abril, regresa o Festival de Teatro Universitario á cidade de Lugo, na que será a súa trixésimo primeira edición. Abrirá o festival a compañía de teatro USC-Lugo, dirixida por An González, coa peza Voilá, o 2 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio Gustavo Freire. A entrada a todas as funcións desta actividade, incluída dentro da programación da Primavera Cultural da USC, será de balde.

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) O proxecto Green Gap conta cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros, financiado no marco do Programa Interreg España-Portugal (Poctep 2021-2027), e nel participan, ademais do Instituto de Estudos do Territorio, un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Pola parte galega están implicadas a Universidade da Coruña, o Concello de Pontevedra, a Deputación de Ourense e a Fundación CEER, mentres que do lado portugués están a Cámara de Paredes de Coura, a Universidade do Minho, a Cámara de Guimarães, o Laboratorio da Paisagem de Guimarães así como a Agência Portuguesa do Ambiente e o Instituto da Conservação da Natureza das Florestas.

Notas de Galicia

Unha primavera máis volve a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). Pero nesta ocasión faino dun xeito especial, para celebrar a súa 30 edición, tres décadas apostando polo teatro universitario. Este ano a súa programación desenvolverase do 23 de abril ao 10 de maio e nela a Universidade de Vigo volverá a ter un papel destacado, non só como unha das entidades que financia senón tamén coa participación no certame das súas catro aulas de teatro universitario e dos grupos de danza, música tradicional e coro do campus de Ourense.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (CHILARES.jpg) Su nombre ANGEL VILLAR,
conocido por CHILARES
y su afición es remar.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES