Saltar ao conido principal
Webs Galicia | Directorio de Webs en Galicia logo
  • Directorio
  • Ranking Galicia
  • Alta de nova web
  • Destacar a miña web
  • Aumentar visibilidade en Internet
Inicio

Novas

  • O Polo Aeroespacial de Galicia 2025 traballa para crear tecido industrial ao redor deste sector
    O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou no Consello Asesor da Civil UAVs Initiative, no que asegurou que o principal obxectivo do Polo Aeroespacial de Galicia 2025 é crear tecido industrial ao redor deste sector. Conde, que subliñou a importancia da colaboración público-privada desta iniciativa, agradeceu a súa implicación a todos os organismos, empresas, asociacións e colexios profesionais que forman parte e apoian este polo pioneiro en España no eido da industria aeroespacial. Destacou, ademais, que se trata dunha infraestrutura única polo seu tamaño, especialización, equipamento e pola súa capacidade de crecemento.
  • Galicia sitúa a fenda dixital de xénero nun 0,6%
    No uso de Internet, as diferenzas entre os homes e as mulleres galegas son mínimas: O 85,3% das galegas fronte ao 85,9% dos galegos utilizaron Internet nos últimos tres meses. O uso da Rede entre as mulleres galegas acada así a media que se rexistra na Unión Europea. En termos evolutivos, a fenda de xénero no uso de internet redúcese nun 80%, ao pasar de 3 puntos porcentuais a 0,6 entre 2016 e 2019. Cando se acada un nivel formativo secundario ou superior, o uso de internet é igual ou superior para as mulleres que para os homes. Atendendo á idade, o uso de Internet entre as mulleres supera ou iguala á porcentaxe de homes ata os 64 anos.
  • Lanzada unha nova versión de Passcovid máis intuitiva e con novas funcionalidades
    A Xunta lanza unha nova versión da aplicación PassCovid máis intuitiva e con novas funcionalidades. Así a app posibilita a autodeclaración de contactos para que as persoas que estiveran en contacto cun positivo poidan trasladar esta información desde o móbil ao Centro de Seguimento de Contactos. Outra das novidades é que se simplifica o acceso, evitando aos usuarios a obrigatoriedade de elixir entre usuario anónimo e identificado e, ademais, xa se está a activar progresivamente o rexistro en establecementos. Desde finais de outubro máis de 58.000 persoas descargaron PassCovid, unha app para axudar ao coidarnos fronte á Covid e unha canle de contacto permanente entre as autoridades sanitarias e a poboación.
  • O proxecto Galician Skyway impulsado por Boeing no Polo Aeroespacial de Galicia achega novas solucións na xestión e seguridade do tráfico aéreo en espazos compartidos
    O proxecto Galician Skyway, que se enmarca dentro do Polo Aeroespacial de Galicia e que rematou o pasado mes de setembro, supuxo un investimento mobilizado de 10,2 millóns de euros -cofinanciado con fondos Feder do programa operativo crecemento intelixente 2014-2020 (POCInt)- e a creación de 94 empregos. Na realización do mesmo participaron entidades como Enaire, o Inta ou o centro tecnolóxico Gradiant e empresas como Televés, Centum e Soticol.
  • 19 novos centros incorpóranse ao programa de innovación educativa 'Introdución á robótica educativa en primaria'
    A Xunta de Galicia vén de incorporar 19 novos centros ao programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, cuxo obxectivo é que o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. En total participarán nesta iniciativa este curso 188 centros de toda Galicia, 67 deles da provincia da Coruña, 17 da de Lugo, 19 da de Ourense e 85 da de Pontevedra. Como novidade este ano, cada centro docente seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade nesta convocatoria recibirá unha achega económica, a determinar en función do número de centros que participen finalmente no programa no curso 2020/2021.
  • A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizará 4.000 M€ para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental
    A Estratexia Galicia Dixital está dividida en 7 eixos estratéxicos e 1 transversal, que se desenvolverán en 20 programas. O primeiro destes eixos céntrase no ‘Goberno e Administración Intelixente’ para impulsar a automatización e transformación dixital dos servizos públicos e evolucionar cara un modelo intelixente de posto de traballo do empregado público, así como o expediente xudicial electrónico. O obxectivo é que en 2025 o 70% das persoas e o 85% das empresas usen a canle dixital.
  • Presentadas as sete novas iniciativas seleccionadas para participar na BFAero, aceleradora da industria aeroespacial galega
    Celebrouse na Fundación CEL en Lugo o acto de presentación dos proxectos seleccionados na terceira edición da BFAero, unha nova convocatoria que se abre ao exterior e confirma o interese que esperta esta aceleradora aeronáutica, xa que catro dos sete proxectos que participarán son de fóra de Galicia. 'A nova edición achega unha imaxe clara dun Polo Aeroespacial aberto a novas iniciativas que pretenden non só reter, senón tamén captar talento', explicou o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde.
  • 'Ciencia singular' sen moverse da casa
    A Rede de Centros Singulares de Investigación (RCSI) da USC celebra este sábado 28 de novembro unha nova edición da xornada anual de divulgación ‘Ciencia Singular’, destinada a amosar á sociedade o labor de excelencia que realizan os catro centros que integran a Rede. A pandemia por mor da COVID-19 obrigou a reformular o formato habitual deste evento que chega xa á súa cuarta edición. Charlas en directo con expertos, visitas virtuais aos laboratorios ou experimentos conformarán o percorrido por este ecosistema científico que permitirá coñecer “o valor engadido que esta Rede está a achegar á mellora da calidade de vida das persoas, non só na nosa contorna máis próxima, senón tamén a nivel global”.
  • Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de Internet, un 4% máis que en 2019
    O 92,4% dos fogares galegos teñen contratado Internet, cun incremento do 4,1% con respecto ao ano anterior. Isto supón que 34.400 vivendas da Comunidade se sumaron ao uso de internet no último ano. Sen embargo, o máis destacado deste aumento é que se produce nos concellos máis pequenos, onde ata o de agora a fenda dixital era máis acusada. Entre 2019 e 2020 a contratación de internet nos municipios de menos de 10.000 habitantes creceu un 8,7%, máis do dobre que a media de Galicia. Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2020.
  • A aplicación PassCOVID informa á cidadanía das medidas postas en marcha para conter a pandemia, e da situación actual en cada concello
    A Xunta de Galicia puxo en marcha, recentemente, o sistema PassCOVID, unha canle de contacto telemático coa cidadanía para facilitar a xestión da pandemia. Esta ferramenta informática en forma de app para dispositivos móbiles, ofrece información actualizada sobre a situación da crise sanitaria en todo o territorio e a nivel local, con avisos, recomendacións e alertas das medidas que a Xunta de Galicia está a activar para conter a pandemia orixinada polo coronavirus. As persoas que descarguen PassCOVID poden optar por facelo como usuarios identificados, empregando o sistema de claves concertadas Chave 365, ou ben levalo a cabo de xeito anónimo.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

Buscador

Webs Galegas

Últimas Webs Galegas

AVISO LEGAL | TEXTO PROTECCIÓN DATOS | NORMAS XERAIS | POLÍTICA COOKIES | CONTACTO
InternetGalicia.net - Galicia Digital
Eganet - Tus buscadores
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información