
O Instituto Nacional de Estatística (INE), vén de facer públicos hoxe os datos relativos á conxuntura turística en Galicia nos dous primeiros meses do ano que indican que un total de 436.282 viaxeiros se aloxaron en establecementos da comunidade, rexistrando un crecemento do 3,6% e facendo 781.884 noites, isto é un 1,9% máis que no mesmo período de 2024. Os datos indican un crecemento significativo no segmento de aloxamento extrahoteleiro (apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues) do 14,3% en viaxeiros e do 13,5% en noites, con respecto a xaneiro e febreiro de 2024.No que atinxe ao comportamento rexistrado só no mes de febreiro, continúa a ser efectiva a política de desestacionalización da Xunta de Galicia ao contabilizar 235.006 viaxeiros e un incremento do 3,1% nese mes con respecto a 2024.