Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (economia-graficos.jpg) A comunidade rematou o ano co 100 % do orzamento executado, cun superávit do 0,25 %, reducindo a débeda en 234 millóns de euros e rebaixando a ratio débeda/PIB ata o 14,5 %. Galicia pechou o exercicio cun superávit de 202 millóns de euros. Un saldo positivo motivado por unha liquidación do SFA superior á inicialmente prevista, que permitiu a recuperación da concesión de catro autovías, cun aforro de 342 millóns de euros nos exercicios futuros. Esta operación ten carácter financeiro e, polo tanto, non ten impacto no cálculo do saldo. A débeda por habitante sitúase na comunidade nos 4.395 euros fronte aos 6.870 euros da media de comunidades. Ademais, Galicia lidera un ano máis o esforzo investidor, cun 16,4% do gasto de capital sobre o gasto non financeiro, case o dobre da media.

Opinión

OpinionAs dilixencias previas instruidas contra Plácido Castro pola autoridade militar en agosto de 1939, "Año de la Victoria", revelan algúns aspectos de interese a propósito da caracterización desta "persona de marcada significación izquierdista". Igualmente, é sintomático dos tópicos daquel tempo e da represión exercida...
Ríos, Xulio

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (ifevi-2025.jpg) Foron presentados os festivais Wake UP! e One Dance que se celebrarán a vindeira Semana Santa no Pavillón 3 do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). O Wake UP Festival celebrarase o día 17 de abril (de 20:00 horas a 06:00 horas) e traerá a Vigo a recoñecidos artistas como Adrian Mills, Biia, Deborah de Luca, DJ Swisherman, Fantasm, Isma B e Nina Kraviz. No caso de One Dance, que será o 19 de abril (desde as 18:00 horas) os invitados son Basshunter, DJ Shas!, Floorfilla, Guru Josh Project, Kate Ryan, Marvin & Andrea Prezioso, Nathalie Aarts, Safri Duo, Soniko – DB, Rob & Mark Deluxe, Viceversa e Pablo Méndez Performances.

Notas de Galicia

Escrita por Quevedo desde o seu retiro en Villanueva de los Infantes o 20 de agosto de 1633, a obra dedícalla a don Fadrique de Toledo, un destacado militar que sufría a inimizade do conde-duque de Olivares, a quen critica duramente desde unha perspectiva neoestoica influída por Séneca. A copia manuscrita desta obra atópase na sede parisiense dos Archives nationales de France.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (tecnoloxia-ia.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou que o Executivo autonómico vai destinar 52 millóns de euros a un paquete de axudas para impulsar a colaboración público-privada, dinamizar a economía e promover que os resultados da I+D+i galega cheguen á sociedade. Unhas medidas que se enmarcan no obxectivo de seguir consolidando á nosa Comunidade como un referente no I+D+I, así como de xerar, reter e atraer talento que está traballando noutros territorios.

Notas de Galicia

Profesionais da xestión forestal e da prevención e extinción de incendios, representantes da industria e investigadores e investigadoras reúnense nestes días na Semana Forestal 2025, un programa de actividades deseñado polo alumnado co obxectivo de promover un diálogo sobre “o presente e o futuro do sector”, como sinalan desde a organización.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (isidro_chao.jpg) A Isidro no le digan adiós.
Díganle chao.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES