Unha xornada da Universidade da Coruña destacará o papel das mulleres na industria dos videoxogos
O programa, que será integramente online, combina relatorios e faladoiros en directo, abertos á participación do público, con outro tipo de contidos en vídeo e unha exposición virtual sobre pioneiras dos videoxogos.
A xornada dará comezo o venres 2 de outubro ás 16:30 horas coa benvida do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e as intervencións de Teresa Piñeiro, como representante da organización das xornadas; Susana Ladra, directora do Campus Innova; e Beatriz Gimeno, directora do Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades.
A continuación, o evento continuará coa conferencia “Las aportaciones de las mujeres a las tecnologías digitales”, da man de Cecilia Castaño, Catedrática de Economía Aplicada e co-directora do Máster sobre Igualdad de Género en la Perspectiva de las Ciencias Sociales da Universidad Complutense de Madrid; e unha conversa entre Jane McGonigal, directora de Game Research and Development no Institute for the Future de Palo Alto (California), e Luz Castro, profesora da Facultade de Comunicación da Universidade da Coruña, cofundadora de Imaxin|Software e directiva de Videoxogo.gal.
Desde o luns 5 ao xoves 8 de outubro a xornada acollerá diversas actividades diferidas como a exposición virtual “Mulleres e videxogos. Pioneiras” ou as vídeo-charlas de Eurídice Cabañes, CEO de ArsGame; Susana Broullón, artista senior en King; e Eva Cid, crítica especializada en videoxogos.
Para finalizar, o venres 9 de outubro terá lugar, ás 13:00 horas, o conversatorio: “Talento galego na industria dos videoxogos” no que participarán Dhaunae De Vir, Business development en Paradox Interactive, e Carla Bolaños, UX Designer en Monster Interactive e estudante do Máster en Deseño, Produción e Comercialización de videxogos da UDC.

Universidade da Coruña