A seguridade do universo dixital no teletraballo centrará a segunda edición do foro CyberSec@GAL
Durante as dúas primeiras xornadas do evento, que se celebrará entre os días 2 ao 5 de novembro, haberá talleres destinados a estudantes do SUG (Sistema Universitario de Galicia) e Formación Profesional, co obxectivo de captar talento no ámbito da ciberseguridade. Na terceira xornada desenvolverase unha charla técnica para profesionais e o lanzamento dun ciber-reto en liña, que outorgará un premio valorado en 500 €. A derradeira xornada, Riscos no teletraballo, será semipresencial e está dirixida ao ecosistema empresarial galego, contando coa participación de expertos internacionais e cunha mesa redonda específica nesta temática.
Para pechar o evento presentaranse os premios de CyberSec@GAL aos mellores traballos académicos de grao, mestrado e doutoramento na área da ciberseguridade e no ámbito do SUG. CyberSec@Gal recoñecerá a excelencia académica do estudantado das universidades galegas cun premio á mellor tese de doutoramento, valorado en 700 €; dous premios para traballos de fin de mestrado na UVigo e UDC, valorados en 400 € cada un; e dous premios a traballos fin de grao na UVigo e na UDC, valorados en 300 € cada un deles.

Universidade de Vigo