O CITIC da UDC participa nun proxecto europeo de transformación dixital con tecnoloxías para a clasificación de residuos
O proxecto GRESINT, financiado con fondos FEDER, foi elixido no marco da terceira convocatoria do Programa Interreg España-Portugal, conta cunha dotación de 787.544,67 euros e unha duración de tres anos. Consiste nun proxecto transversal e innovador que combina tecnoloxía, sustentabilidade e circularidade, co obxectivo de revolucionar a xestión de residuos mediante a incorporación de tecnoloxías intelixentes que melloren a clasificación dos envases e logren impactar no resto da cadea de valor: recollida, selección, reciclaxe e valorización dos mesmos.
Deste xeito, contribuirá a acadar os obxectivos europeos de reciclaxe, permitindo introducir no ciclo produtivo materiais recuperados de alta calidade conforme aos preceptos da economía circular.
O proxecto, liderado por SOGAMA, céntrase na introdución de sensores, visión artificial, intelixencia artificial e clasificadores robóticos. A idea é xerar e procesar datos sobre os materiais seleccionados para mellorar a toma de decisións e anticipar situacións no ciclo integral da xestión de residuos.
O CITIC, da man dos investigadores Carlos Vázquez Regueiro e Miguel Rodríguez Luaces, desempeña un papel clave no desenvolvemento dun software piloto común para ambas as plantas, adaptado ás necesidades específicas de cada unha. A plataforma de intelixencia artificial (IA) busca crear un “Data Lake” que almacene datos seleccionados e relevantes de ambas as plantas para a súa análise, adestrando así mellor o algoritmo e acadando mellores resultados. A recompilación de datos incluirá a limpeza e preparación da información, asegurando a privacidade e seguridade dos datos. Cada planta contará cun servidor para rexistrar e procesar internamente os datos dos sensores, compartindo a información procesada na plataforma conxunta. Este enfoque ten como obxectivo mellorar a toma de decisións en tempo real, optimizando os procesos e o mantemento das plantas de clasificación.

Universidade da Coruña (UDC)