Ultreia Ourense é o punto de partida dun ciclo de eventos para dinamizar o emprendemento galego
Organizado pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Deputación de Ourense, Ultreia Ourense reunirá a emprendedores, investidores, mentores e profesionais de diversos sectores para fomentar a colaboración, o intercambio de ideas e o crecemento das iniciativas provinciais.
A xornada dará comezo ás 09:30 horas coa inauguración oficial na sede da Confederación Empresarial de Ourense. O acto contará coa presenza do Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; a vicepresidenta da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa Iglesias, e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Novoa.
Tras a inauguración, ás 10:00 horas, terá lugar a primeira conferencia a cargo de Domènec Biosca, un referente no ámbito do turismo, que ofrecerá unha visión inspiradora sobre as oportunidades e desafíos actuais para as empresas.
Ao longo do día, celebrarase o Campus Startups, un espazo onde proxectos emprendedores terán a oportunidade de presentar as súas ideas a un xurado especializado. As sesións de pitching permitirán que os emprendedores compartan as súas propostas, co obxectivo de ser seleccionados para participar no evento xeral de Ultreia Galicia. Así mesmo, tamén se presentarán casos de éxito destacados, como o de Redegal, Formato Verde, Piel Natura e Bodegas Valdavia.
De forma simultánea, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, terá lugar Retos e solucións para un territorio intelixente, en formato de mesas sectoriais nas que participarán emprendedores e empresarios de referencia.
A xornada pechará coa clausura oficial ás 19:15 horas, na sede da Confederación Empresarial de Ourense.

Confederación Empresarial de Ourense (CEO)