O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia renova a súa páxina web
A páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (www.112sosgalicia.org) ofrece dende hoxe unha nova imaxe acompañada dunha mellora da accesibilidade, así como dunha ampliación dos contidos. O obxectivo deste cambio é ofrecer un servizo máis eficaz aos usuarios cuxo número se incrementou nos últimos anos.
112 Galicia utilizou para o seu desenvolvemento as últimas tecnoloxías dispoñibles para creación de páxinas web, que permiten un maior rendemento e acceso máis rápido por parte dos usuarios. A usabilidade é unha das características fundamentais deste sitio web, que busca garantir o acceso aos contidos e funcións da páxina a todos os cidadáns, independentemente dos dispositivos físicos e dos navegadores web que se empreguen para elo. Deste modo, a nova páxina web permitirá á entrada a un colectivo máis amplo de visitantes.
Entre as novidades, cómpre salientar os cambios nos contidos debido á inclusión de novas seccións. Así, por exemplo, poderase consultar a información relativa aos cursos e eventos organizados pola Dirección Xeral de Protección Civil. Ademais, os usuarios poderán acceder ás distintas noticias de interese que se produzan relacionadas co Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia. Os contidos da páxina ofrécense en galego e castelán.
No que se refire ao seu deseño, a nova distribución de contidos da páxina web ten coma obxectivo orientar ao usuario na súa visita para que atope unha resposta eficaz e rápida ás súas expectativas, ademais de ofrecer unha imaxe adaptada á nova identidade corporativa do 112 Galicia.
Aumento do número de visitantes
O número de visitas á paxina web do 112 Galicia aumentou notablemente dende a súa creación, pasando de 90.215 visitas en 2002 a un total de 242.580 visitas en 2005. As seccións mais solicitadas son o mapa de incidencias, a meteoroloxía e o estado das praias durante a época estival, a galería de fotos, as alertas e as informacións da Dirección Xeral de Protección Civil da Xunta de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia