A Xunta impulsará a administración electrónica para facilitar a realización de trámites a través da Rede
A Xunta de Galicia porá en marcha distintas medidas para impulsar o desenvolvemento da administración electrónica e da sinatura electrónica. Deste xeito, os cidadáns poderán realizar de maneira oficial distintos trámites a través da rede. Así o asegurou o director xeral de Calidade e Avaliación de Políticas Públicas, Juan José Gómez Romero, en resposta a unha pregunta parlamentaria na Comisión Primeira da Cámara, na que asegurou que o obxectivo do Goberno autonómico é ofrecer unha imaxe moderna e actual paralela ao auxe que experimentan as novas tecnoloxías da información e comunicacións.
Segundo explicou Gómez Romero, o desenvolvemento da administración electrónica en Galicia é un dos obxectivos do Goberno actual coa fin de mellorar a eficacia e eficiencia da Administración Pública e a súa imaxe exterior, reducir custes nas súas relacións coa cidadanía e potenciar as vías de participación dos cidadáns. Xunto cos cambios tecnolóxicos, esta transformación vai supor novas formas de tramitación administrativa de xeito que os cidadáns poderán xestionar multitude de procedementos de maneira doada e segura a través da rede, afirmou.
O director xeral adiantou que para levar a cabo o desenvolvemento da administración electrónica, a Xunta promoverá o uso da sinatura electrónica, que “está chamada a convertirse nunha ferramenta esencial para garantir a seguridade, tanto dende o punto de vista técnico como xurídico, en todos os trámites realizados entre as Administracións Públicas e os cidadáns”. Así, proximamente publicarase un Decreto coa fin de facilitar o recoñecemento dos certificados dixitais emitidos por autoridades de certificación que xa contan cunha importante implantación en España.
Modernización dos servizos web
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza impulsará distintas actuacións de sensibilización e de formación para fomentar o seu uso interno, entre os traballadores da Administración, e externo, por parte dos cidadáns e as empresas, segundo sinalou Gómez Romero. Todas estas actuacións irán acompañadas da modernización dos servizos web da Xunta de Galicia e a preparación dos mesmos para á entrada en vigor do DNI electrónico, o que incrementará a súa demanda.
Tamén afirmou que, coa fin de aumentar a utilización da sinatura electrónica por parte dos cidadáns e as empresas, a Xunta de Galicia inaugurará en breve unha nova sección na súa páxina web onde os usuarios poderán atopar toda a información e a normativa ao respecto; descargar utilidades para o asinado, múltiple asinado e verificación; consultar a descrición dos procedementos de solicitude, utilización e revogación, ou coñecer os puntos da Xunta de Galicia onde se pode realizar a verificación física.
Para fomentar o seu uso nos procesos internos, a Administración galega subministrará a todos os altos cargos a sinatura electrónica nun soporte avanzado que inclúe a posibilidade adicional de transporte de ficheiros e aplicacións para a súa utilización. No futuro, ampliarase a outros colectivos da Xunta de Galicia coa fin de simplificar os procesos administrativos e contribuír á redución do gasto en papel.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia