CESGA e a Universidade do Minho constrúen unha plataforma Grid para cálculo científico na Eurorrexión
O CESGA e a Universidade do Minho, en colaboración coa Universidade de Vigo, contribuirán ao desenvolvemento científico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa consolidación dunha rede de tecnoloxía Grid entre ambas institucións, que permitirá un mellor aproveitamento dos recursos computacionais existentes por parte da comunidade científica. A experiencia, probada nos últimos días por
técnicos do CESGA sobre a rede de comunicacións xa establecida, permitiu realizar cálculos científicos de forma distribuída sobre máquinas en Compostela e Braga.
O obxectivo desta experiencia en rede para cálculo, baseada en tecnoloxía Grid, consiste na xestión e distribución de recursos dispoñibles, de xeito que os usuarios se poden beneficiar da potencia de ordenadores que se atopan dispersos xeograficamente.
Na iniciativa, investigadores galegos e da Universidade do Minho utilizaron para os seus cálculos científicos o Grid construido facendo uso de ordenadores ubicados en Compostela e no Campus de Braga. Deste xeito conseguíronse significativas reducións nos tempos de execución dos traballos e unha maior rendibilidade de recursos. A experiencia piloto, iniciada a finais do pasado mes, arroxou xa resultados moi positivos en canto á capacidade de cálculo que esta plataforma Grid aportará aos seus usuarios.
Concretamente, para a este primeiro tanteo da rede, os técnicos fixeron uso dunha
aplicación amplamente utilizada en química computacional e realizáronse cálculos que permitiron caracterizar a molécula de benceno, un material comunmente empregado en combustibles para motores e disolventes industriais.
Concorreron tamén paralelamente nesta experiencia outros usuarios de ambas as dúas institucións, ata superar, só nos últimos días, a cifra de 350 traballos procesados de forma remota. Destes, 226 corresponderon á Universidade do Minho e 163 ao CESGA. Estas cifras, recollidas na fase experimental da iniciativa, permiten prever unha colaboración moi positiva que redundará no beneficio de toda a comunidade científica da Eurorrexión, ao incrementar o número de recursos dispoñibles, e contribuirá consecuentemente ao desenvolvemento científico na zona. Proxecto Torga.net
A iniciativa enmárcase dentro do proxecto europeo financiado con fondos Interreg,
Torga.net, mediante o que se interconectaron a Universidade do Minho, a Universidade de Vigo, o CESGA e o CCG a través dunha rede de alta capacidade co fin de promover a colaboración no eido da investigación e o desenvolvemento científico. CESGA e as Tecnoloxías Grid O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de computación e comunicacións de altas prestacións da comunidade científica galega e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). O CESGA atesoura unha dilatada experiencia no desenvolvemento de tecnoloxías Grid a través da sua participación en proxectos europeos como CrossGrid ou EGEE, iniciativas estatais como IRISGrid, propias, como Grid CESGACESCA, e galegas como REDEGrid.

Cesga