O proxecto Torga.net fai realidade a ponte tecnolóxica entre Galicia e o norte de Portugal
Galicia e a rexión Norte de Portugal colaborarán de xeito máis estreito no desenvolvemento do I+D+I na Eurorrexión, grazas á consolidación dunha rede de alta velocidade entre os campus galegos e os campus da Universidade de Minho froito do proxecto comunitario Torga.net. Nun acto celebrado de forma simultánea entre as cidades de Vigo e Braga expuxéronse os resultados obtidos ao longo do período efectivo da iniciativa.
O proxecto TORGA.net permitiu crear unha rede de comunicacións avanzadas de
última xeración que interconecta os campus de Vigo, Ourense, Pontevedra,
Santiago, Braga e Guimaraes mediante liñas de fibra óptica dunha capacidade de
ata 1 Gigabit por segundo, ampliable a 10 Gbps. No campus de Santiago, esta rede
chega ao CESGA, onde engarza coa Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia
(RECETGA), co nodo de RedIRIS en Galicia e co Punto Neutro de Intercambio de
Tráfico de Internet, GALNIX. A través da RECETGA, interconéctanse tamén o resto
das Universidades e Centros Tecnolóxicos galegos e portugueses.
A clausura do proxecto realizouse simultaneamente e de xeito remoto dende a
cidade de Vigo e Braga, facendo uso das propias salas Access Grid. No evento
interviron, dende a cidade olívica, o Vicerreitor de Innovación e Calidade da
Universidade de Vigo e e o Director do Centro de Supercomputación de Galicia
(CESGA), e dende a cidade lusa, o Vicerreitor de investigación da Universidade do
Minho, así como o Director do Centro de Computaçao Gráfica (CCG)
O proxecto péchase cun balance máis que positivo e cos obxectivos iniciais
plenamente satisfeitos. Posto que, xunto a posta en produción da propia rede
Torga.net, creouse a primeira trama de salas de Access Grid da Península e unha
plataforma Grid de cálculo científico.
Nesta tarefa, o CESGA tivo un papel relevante, non só na implantación e xestión
das citadas infraestruturas, senón tamén na súa promoción e difusión. Neste senso,
realizáronse numerosas actividades como cursos de formación e posgrao conxuntos
a distancia (programa de doutoramento en endocrinoloxía da Universidade de
Santiago-Universidade de Vigo, participación remota en congresos científicos con
base en EEUU...), difundíronse máis de trinta eventos rexionais e nacionais
(Xornadas de e-Ciencia, HPCN, Xornadas Técnicas de RedIris...), publicáronse
numerosos artigos en medios técnicos, así como outras actividades de promoción
tales como visitas ás dependencias do CESGA, xornadas de portas abertas ou
mesmo un encontro infantil transfronteirizo na Semana da Ciencia.
Máis de catro millóns de euros investidos para o desenvolvemento de
I+D+I na Eurorrexión
A rede Torga.net financiouse mediante un proxecto Interreg IIIA. Como
cofinanciadores participaron a Unión Europea, a través dos Fondos Europeos de
Desenvolvemento Rexional (FEDER), a Xunta de Galicia e os gobernos español e
portugués.
A implantación desta infraestrutura avanzada de comunicacións supuxo un
investimento superior aos 4 millóns de euros dos que a Unión Europea achegou un
75% (máis de tres millóns de euros).
A implantación da rede e a súa xestión correron a cargo dos técnicos do Centro de
Supercomputación de Galicia xunto cos da Universidade de Vigo.
Unha aposta decidida pola tecnoloxía Grid
No marco do proxecto Torga.net instalouse tamén a primeira rede de salas
Access Grid da Península. Puxéronse en funcionamento sete salas deste tipo
repartidas entre os distintos campus interconectados a través da rede e creouse un
unidade Access Grid portátil.
A tecnoloxía Access Grid é unha forma de conexión telemática deseñada para
facilitar o traballo colaborativo de grupos de investigación afastados. Estas salas
contan para iso con tecnoloxía de transmisión de audio e vídeo de última xeración,
que permite a realización de múltiples videoconferencias de alta calidade ao tempo
que se comparten documentos, se lanzan aplicacións contra servidores distantes ou
se analizan datos tomados en tempo real de sensores dispersos xeograficamente.
Así mesmo, o CESGA desenvolveu coa colaboración das Universidades de Vigo e do
Minho, unha plataforma de computación Grid que permite realizar cálculos
científicos de forma remota en ordenadores distribuídos pola rede Torga.net.
Potenciando espazos transfronteirizos
Galicia e o norte de Portugal abranguen conxuntamrente unha superficie maior cá
de países como Bélxica, Holanda, Suíza ou Dinamarca, e suma unha poboación
superior aos seis millóns e medio de persoas. Porén, a súa situación xeográfica
periférica supón unha eiva a nivel competitivo fronte a outras rexións.
Neste senso, a rede Torga.net contribuíu a un maior achegamento destes dous
territorios vinculados non só cultural e históricamente, senón tamén económica e
produtivamente. Un factor que, aplicado ao eido do desenvolvemento científico,
está a explotarse como un valor engadido de cara á potenciación internacional
conxunta de ambas rexións.
Na mesma liña, a infraestrutura constitúe un piar fundamental para o
desenvolvemento da nova política do executivo autonómico de cooperación co norte
de Portugal. Estas medidas, que se plasmarán no Plan Estratéxico Galicia-Norte de
Portugal para o período 2007-2013, terán como un dos eixos vertebradores o
desenvolvemento da innovación tecnolóxica, para a cal as infraestruturas de
comunicación serán básicas.

Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)