O Igape reduce os tempos de tramitación de expedientes de axudas e subvencións coa xeneralización do uso da sinatura dixital
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) conclúe un proceso de xeneralización do uso da sinatura dixital nos expendientes de axudas e subvencións que permitirá axilizar significativamente o proceso administrativo de tramitación. Con esta medida, o organismo dependente da Consellería de Economía e Facenda avanza no seu obxectivo de axilización dos procedementos internos para ofrecer un servizo máis eficiente ás empresas e beneficiarios de axudas mediante o uso intensivo nas novas tecnoloxías.
A sinatura dixital de expedientes víñase utilizando dende hai varios meses na fase final do proceso, na que o presidente e o director xeral do Igape asinan as resolucións. Dende finais de marzo a xuño deste ano, o 85% das 815 resolucións ditadas foron asinadas electrónicamente, porcentaxe que se eleva xa ata o 99% entre maio e xuño.
A redución dos tempos de tramitación mediante a utilización da sinatura dixital non só mellora os procedimentos internos do Igape, senon que permite unha importante diminución do tempo que pasa entre a resolución do expediente e a notificación ao beneficiario do mesmo. Deste xeito, o tempo que pasa entre a sinatura da resolución e a recepción por parte do solicitante reduciuse nun 48% no segundo trimestre do ano con respecto ao primeiro trimestre. Esta diminución elévase ao 64% se consideramos simplemente a tramitación interna sen contar o tempo de envío por correo. Cúmprese así un dos obxectivos fundamentais do Igape na súa nova etapa, como é o aumento da eficacia e a consecuente mellora do servizo ás empresas e beneficiarios en xeral.
Expedientes sen papeis
Nos plans do Igape para continuar avanzando nesta liña, preténdese chegar a un expediente completamente telemático ata a resolución, xa que os programas de axudas do Instituto incorporan xa desde o ano pasado a posibilidade de presentar as correspondentes solicitudes de axuda sen recorrer a ningún papel. A sinatura dixital leva utilizándose para a presentación de expedientes na administración desde hai xa uns anos. Sen embargo ata agora non se adoitaba depositar na tramitación telemática a confianza suficiente como para que un organismo público como o Igape decidise resolver axudas de contía considerable unicamente por medios electrónicos. Co novo sistema, as resolucións de expedientes nunca se chegan a imprimir, quedando o papel simplemente como medio de notificación ao solicitante que non teña capacidade de recibilo vía telemática con seguridade.
Vantaxes da firma dixital
A firma dixital permite superar o laborioso proceso de elaboración de portafirmas, así como a loxística do seu transporte polas diferentes unidades competentes na resolución dos expedientes. Elimina as imaxes de columnas de portafirmas nos corredores ou nas mesas dos directivos e facilítalles unha maior capacidade de control sobre o proceso no seu conxunto, con respecto a tempos ou acumulación de resolucións procedentes de unidades determinades. A firma dixital tamén fai posible que só pasen instantes entre o asinamento dun expediente por cada un dos directivos con responsabilidades na súa resolución.
Galicia encabeza a constitución telemática de empresas
Un dos servizos apoiados nas novas tecnoloxías que ven prestando o Igape e o da tramitación telemática para a constitución de novas empresas baixo a fórmula da Sociedade Limitada Nova Empresa. Así, durante o primeiro semestre deste ano foi tramitada a constitución de 72 novas a tarvés dos puntos de atención e inicio de tramitación (PAIT) que o Igape ten en cada unha das súas oficinas territoriais.
A tramitación axiliza o proceso e evita moitos trámites aos emprendedores; así, desde o momento en que os promotores acoden ó notario (única xestión presencial xunto coa realizada no PAIT do Igape) ata quedaren constituídas as súas empresas pasan por termo medio só 1,42 días hábiles; Galicia é a segunda comunidade autónoma por número de empresas creadas por esta vía telemática, só por detrás da de Madrid, onde se puxo en marcha antes, como experiencia piloto.

Gabinete de Comunicación do Igape (Consellería de Economía-Xunta de Galicia)