A Dirección Xeral para o Deporte presenta a nova web do deporte galego
Todo o deporte galego ten unha nova canle de comunicación. Posta en marcha pola Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, o novo portal, www.deportegalego.eu recolle toda a información que se xera no eido deportivo en relación ao deporte do noso país.
Así mesmo, en www.deportegalego.eu poden consultarse todos os proxectos e programas postos en marcha polo goberno galego en materia deportiva, a través da Dirección Xeral para o Deporte da que é titular Santiago Domínguez Olveira.
Unha das grandes vantaxes desta nova ferramenta de comunicación, é que por vez primeira, a inscrición dun programa tan importante como é o que afecta ao Deporte Escolar, efectuarase a través de internet. Consultar este e outros programas, alicerces da política deportiva da Xunta de Galicia (coma as seleccións galegas, o novo sistema de apoio ás federacións, os pasos do Karpin Galicia,...) son algunhas das posibilidades que ofrece www.deportegalego.eu.
A través desta web tamén se poñen a disposición de toda a cidadanía os pasos necesarios para o rexistro dun club deportivo, unha completa biblioteca e información lexislativa de ámbito galego, español e europeo, así como todas as axudas e subvencións da administración galega ao eido do deporte.
www.deportegalego.eu servirá tamén como canle de información para os medios de comunicación, que atoparán nela notas de prensa, axenda de eventos deportivos, información das federacións, etc.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia