O reitor inaugura na ETSE unhas xornadas nas que universidades e empresas discuten o futuro dos Servizos Web e SOA
Investigadores e membros da industria de España e Iberoamérica analizan as implicacións actuais e futuras dos Servizos Web nas JSWEB 2006, xornadas que se celebran en Santiago de Compostela o xoves, día 16, e o venres 17 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. Os Servizos Web e SOA constitúen unha das tendencias emerxentes de maior implicación no mercado e no contorno académico.
A inauguración oficial do encontro celebrarase nunha sesión no Salón de Actos da ETSE baixo a presidencia do reitor compostelán Senén Barro. Ao acto asisten ademais o subdirector do centro, Alberto Bugarín Diz; o presidente e o co-presidente das xornadas, José Carlos del Arco Pireto e Manuel Lama Penín, respectivamente; e o presidente do comité organizador local, Eduardo Sánchez Vila.
Esta segunda edición das xornadas persegue consolidar o éxito de JSWEB 2005 para establecer un punto de referencia para profesionais, empresas e investigadores interesados no uso e a adopción da plataforma de Servizos Web e das arquitecturas orientadas a servizo (SOA) no contorno académico e industrial. Na cita de 2006 teñen confirmado a súa participación relatores do prestixio de Francisco Curbera (IBM Watson Research Center) e Carine Bournez (W3C, Semantic Web Services Interest Group), entre outros, e numerosos expertos españois na área dos Servizos Web e SOA.
No programa destes encontro internacional inclúese a celebración de dúas mesas redondas, integradas por membros de universidades e empresas, nas que se abordarán temas tan importantes como as implicacións de SOA no mercado e dos Servizos Web no comercio electrónico.
Este simposio está organizado polo Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da USC, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a oficina española do W3C. O evento conta co patrocinio de Microsoft, IBM, HP, T-Systems, Semantic Services Group e o Ministerio de Educación e Ciencia, contando coa colaboración da ATI e o Club BPM.

Gabinete de Comunicación da USC